_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O mellor folk regresa ao Alobre da man da romaría urbana que organiza Pesdebarro

Só leva tres edicións, pero o Folk no Alobre xa está consolidado. A Romaría Urbana que organiza Pesdebarro coa colaboración do Concello se celebrará o domingo 1 de setembro, no Castriño, e este ano introduce dous novidades: haberá unha visita guiada ao castro e o parque e para o “xantar demorado” os asistentes poderán mercar as súas viandas no mesmo recinto, se prefiren non levar a comida de casa, como nas antigas romaxes.
01.08.2019. Folk no Alobre preséntase como un festival de pequeno formato, moi tranquilo e moi familiar, pero tamén moi ecolóxico, posto que unha premisas e respectar o medio no que se celebra: un xardín botánico aos pés dun dos máis importantes castros de Galicia. “Sempre nos chamou a atención que cando chegan os servizos municipais ao remate da romaría, apenas queda nada por recoller”, comentou a concelleira de Cultura, Sonia Outón, que reiterou a súa felicitación á asociación PesdeBarro non só pola iniciativa, senón polo resultado.

O programa da terceira edición do Folk no Alobre comezará ás 11:30 horas cunha visita guiada polo castro e o parque botánico Valdés Bermejo. Despois, á 1, comezará a sesión vermú co Cé Orquestra Pantasma, un “home-orquestra”, explicou Xosé Luís Lucio, presidente de Pesdebarro, que non vai deixar a ninguén indeferente. Ás 14:00 horas comezará o xantar demorado coa animación do mesmo Cé. Neste sentido, outro membro da organización, Daniel Abad, anunciou que aínda que o ideal é que cada quen leve o seu propio almorzo, tamén haberá un posto onde o que o desexe pode mercar as súas viandas e bebidas a prezos populares. A comida poderá facerse sobre a herba, pero tamén se habilitarán mesas e cadeiras.

Despois do almorzo, a organización prevé un obradoiro de baile galego a partir das 4 da tarde. Nese tramo tamén se presentará o libro “Bailegramas”, o primeiro sistema gráfico para describir o baile galego, tanto o agarrado como solto, explicou Abad.

A partir das 18:30 arrancarán os concertos. Comezando por Os Terribles de Arousa, un grupo local que está entre os mellores de Galicia polos seus moitos anos de traballo de recuperación da música tradicional. Seguirá Donicelas, un grupo que comezou como pandereteiras ata chegar á evolución do folk que representan hoxe. Despois virá Xistra do Coruxo, outro grupo que leva 30 anos recollendo a música tradicional da zona de Vigo e o norte de Portugal. Pechará o cartel Fiandola, que despois de vinte anos de carreira acode a Vilagarcía para presentar ou seu novo disco.

Xosé Lois Lucio gabouse da evolución do Folk no Alobre en só tres anos: “Pasamos de preguntar nós polos grupos a que os grupos pregunten por nós para vir ao Alobre”. O alcalde, Alberto Varela, felicitou por iso a Pesdebarro. “A elección deste lugar non foi ao azar. Aquí están as orixes da nosa cidade e esta é unha oportunidade única para coñecelo e, ao tempo, desfrutar do mellor da nosa tradición cultural”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -