_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen á venda as entradas para as dúas funcións da súa “Noite na Praia” en vilagarcía

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán están dispostos a repetir os cheos que protagonizaron no auditorio de Vilagarcía coa súa última produción. Así, anuncian para os días 4 e 5 outubro sendas funcións de “Unha noite da praia”. O primeiro día, ás 20:30 horas; o segundo, ás 20:00. As entradas xa están a venda, con prezos que van dos 12€ da zona C, aos 15 da B e os 18 da A. A venda telemática ten cargos de xestión; a venda directa en billeteira, dúas horas antes de cada función, non.
25.07.2019. “Unha noite na praia” é o título dunha comedia de dúas personaxes. Dous tipos moi distintos que coinciden ao solpor nunha praia fronte ao mar. Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante de Ikea a un Furancho da aldea. Na praia non queda ninguén; só Manuel, que traballa no chiringuito, e Klaus, un turista que non quere levantar o cu da derradeira hamaca que queda por recoller. Así arranca o conflito destes dous tipos: un quere marchar para casa a durmir, e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as súas penas polo seu corazón roto.

Escrito e dirixido por Javier Veiga e producido en Galicia por Ainé Producións, conta co traballo de escenografía de Carlos Alonso, a dirección técnica de Dani Juncal e a dirección de produción de Javi Lopa, Paco Abelleira e Álvaro Pérez Becerra.

Toda a información sobre a xira desta obra -horarios, espazos e prezos- está xa dispoñible en http://www.unhanoitenapraia.gal , desde onde é posible acceder aos portais de venda de entradas para cada unha das funcións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -