_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
A rapazada do campamento urbano aprende a comprar na praza e a cociñar de forma saudable

A rapazada do campamento urbano de Verán organizado pola Concellería de Xuventude seu esta mañá á Praza de Abastos de Vilagarcía para realizar unha divertida e útil actividade consistente en aprender a facer a compra no mercado público e tradicional e tamén a cociñar pratos saborosos e moi saudables cos produtos locais e de tempada guiados polas expertas mans do chef Rubén García Castelo.
15.07.2019.- O grupo de nenos e nenas que participou na actividade de hoxe estaba composto polos 28 participantes de 6 e 7 anos de idade. Acompañados das monitoras do campamento, a expedición trasladouse a pé dende a base da Escardia ata o mercado Público onde, utilizando unha moeda virtual, se dedicaron a facer a compra nos postos identificados como participantes na iniciativa. Para facer a compra dispoñían dunha lista de ingredientes que posteriormente ían a utilizar na elaboración das receitas do showcooking e foron asesorados polos monitores e tamén polas vendedoras e vendedores sobre os aspectos nos que deben fixarse á hora de comprar: identificar diferentes tipos de verduras, distinguir o grao de madurez de froitas, comprobar a frescura do peixe…

Coa cesta da compra repleta, os cativos subiron ao primeiro andar da Praza de Abastos para participar no showcooking ofrecido polo vilagarcián Rubén García Castelo, cociñeiro da Consellería de Educación e chef nun restaurante pontevedrés. As receitas elaboradas na actividade foron suculentas ademais de saudables. Os pratos preparados utilizaron como ingredientes base, principalmente, as froitas e verduras, produtos atractivos e facilmente manexables polos nenos e nenas. O menú deseñado compúxose de: Torta tibia de froitas y vainilla, Ensalada en canelón, iogur e piñóns e granizado de cereixa e sandía.

Ademais de incidir nunha alimentación saudable a base de produtos frescos e de temporada, esta actividade tamén tivo como obxectivo amosar aos cativos o funcionamento da Praza de Abastos de xeito que se vaian familiarizando co comercio tradicional e de proximidade para ir educando aos futuros clientes do mercado público.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -