_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello contrata por 51.763 euros o acondicionamento dos parques infantís do Piñeiriño e Dona Concha

A empresa Mecano Obras y Reformas será a encargada de acometer a actuación de acondicionamento e mellora das zonas de xogo infantil dos parques do Piñeiriño e Dona Concha. O contrato adxudicado na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá ten un importe de 51.763 euros e á firma ofertou como mellora a ampliación en 12 meses do prazo de garantía. Os traballos previstos nestes dous parques consisten en substituír o firme de caucho e reparar os valados, arranxar por completo todos o bambáns e as estruturas de xogo. O prazo de execución é de 6 semanas a contar unha vez asinado o contrato.
15.07.2019.- Estas dúas actuacións están incluídas no Plan de Mantemento dos Parques Infantís do Concello de Vilagarcía que se leva a cabo de forma progresiva en todas as zonas de xogos do municipio co obxectivo de contrarrestar o desgaste e deterioro que sofren co paso do tempo, o uso e a exposición a intemperie. As labores de mantemento e conservación permiten a utilización dos xogos en condicións de comodidade e seguridade por parte dos nenos e nenas.

Os traballos a realizar no parque de Dona Concha e no do Piñeiriño comezarán cunha revisión de todos os bambáns e xogos e, dependendo das deficiencias que presente cada elemento, cambiaranse as pezas en mal estado, lixaranse e pintaranse as partes de madeira e trataranse con verniz protector, fixaranse as ancoraxes e apertaranse os parafusos.

O desgaste dos xogos é máis pronunciado na área do Piñeiriño debido á súa maior antigüidade. Aquí será preciso desmontar algunha das estruturas de xogos para reparalas no obradoiro e logo volver a montalas no parque. O caucho do chan substituirase por completo tanto neste parque, e no de Vilaxoán, ademais de cambiar o existente, estenderase tamén firme sintético na parte que actualmente está cuberta con céspede artificial. Con isto conséguese dar uniformidade a toda a zona de xogos.

No que respecta aos valados de peche perimetral, o do Piñeiriño arranxaranse coa reposición das táboas en mal estado, lixado e pintado. Actualmente o valado do parque vilaxoanés é metálico, polo que substituirase por outro de madeira similar aos das demais zonas infantís de xogo do municipio. Por último, o panel informativo do parque de Dona Concha arranxarase e no do Piñeiriño instalarse un novo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -