_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O campo municipal Mari Paz Vilas acolle do 15 ao 19 de xullo o VI Campus de Verán do RC Celta

O Campo Municipal de Fútbol Mari Paz Vilas acolle do 15 ao 19 de xullo o VI Campus de Verán do Real Club Celta organizado pola Fundación do club vigués coa colaboración da Fundación Municipal de Deportes do Concello e do club de fútbol Vilagarcía. Un total de 5o nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos poderán formarse e divertirse a través do fútbol nunha experiencia na que ademais traballarán aspectos como o respecto, o traballo en equipo, o esforzo ou a inclusión, entre outros.
11.07.2019.- O presidente da Fundación Municipal de Deportes, Argimiro Serén e o director da Fundación RC Celta de Vigo, Germán Arteta, presentaron no Concello o sexto campus de verán que o club celeste organiza en Vilagarcía por sexto ano consecutivo. Tamén participou no acto un directivo do Club de Fútbol Vilagarcía. Arteta agradeceu a colaboración do Concello de Vilagarcía para a celebración deste campus, que forma parte xa das sedes estables de verán do Celta e asegurou que a entidade “estamos encantados de vir aquí, a zona do noso porteiro, Sergio, porque aquí sentímonos moi queridos e a gusto”.

O campus celebrarase nas datas mencionadas, no campo municipal de Berdón en horario de 10 a 14 horas, excepto o último día que, con motivo da xornada de clausura, aberta á participación de familiares e amigos dos participantes, as actividades prolongaranse ata as 18:00 horas.

Os nenos e nenas que participen no campus serán adestrados por monitores do equipo técnico do club Celta que traslada a esta actividade a metodoloxía e filosofía que se sigue nos adestramentos das bases do equipo celeste. Todos os participantes recibirán unha equipación completa do Celta (pantalón, camiseta e medias).

A cota xeral para asistir ao campus é de 132 euros por participante, cantidade que se reduce a 119 euros para os rapaces que estean empadroados en Vilagarcía e para os membros do Club Vilagarcía. Nestes momentos xa están cubertas algo máis de 30 das 50 prazas dispoñibles, pero os interesados aínda están a tempo de inscribirse a través do enderezo http://www.rccelta.es / e dentro do apartado da Fundación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -