_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Os cinco medallistas vilagarciáns nos xogos do Eixo Atlántico reciben o recoñecemento do Concello

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu este mediodía no Concello á delegación de atletas vilagarciáns que participaron na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico que acolle a cidade lusa de Braga do 7 ao 12 de xullo. O papel da expedición local de deporte adaptado foi moi destacado posto que conseguiron medallas 5 dos 10 deportistas que a conformaban. Ademais, Vilagarcía quedou clasificada nun meritorio 4º posto no ránking de cidades de entre o total de 26 que participaban no evento luso-galaico.
10.07.2019.- Varela Paz recibiu no salón nobre á delegación ao completo, composta polos 10 deportistas dos Centro de Educación Especial e de Con Eles e aos seus adestradores, felicitándoos polo excelente resultado acadado e por deixar tan alto o nome de Vilagarcía. No recibimento participaron tamén familiares dos atletas e o director de actividades deportivas da Fundación de Deportes, Juan Miguel Doval que, xunto co edil de Deportes, Argimiro Serén, participaron na expedición a Braga para acompañar e animar aos deportistas durante as competicións.

O medalleiro vilagarciá quedou do seguinte xeito:

Prata salto lonxitude feminino- Carmen González Sampedro (Club Polideportivo do CEE)
Bronce salto lonxitude masculino- Yousef Chefaoui (Club Polideportivo do CEE)
Bronce en 1.000 metros masculino- David Camiño Louro (Club Polideportivo do CEE)
Bronce en 1.000 metros feminino- Paula Ramalo Ozores (Club Polideportivo do CEE)
Bronce 100 metros- Brais Valle Torres (Club Polideportivo do CEE)

Vilagarcía 4º posto na ranking de cidades participantes

Na presente edición dos Xogos do Eixo participan 1.800 xóvenes de 26 cidades en nove modalidades deportivas: Balonmán, Baloncesto, Fútbol 7, Voleibol, Atletismo, Atletismo Adaptado, Natación, Natación Adaptada e Tenis.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -