_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade lanza a campaña “Mil maneiras de ser Muller” para sensibilizar contra a violencia machista

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía pon en marcha unha campaña para continuar sensibilizando á poboación na loita contra a violencia machista, Baixo o lema “Mil maneiras de ser Muller”, a iniciativa consistirá no reparto de 3.000 bandoleiras de tea coa imaxe dunha campaña en positivo, que resalta as diversas características que poden definir a calquera muller, sen incidir nunha maior victimización das que sofren esta lacra social. Para o desenvolvemento da campaña, cóntase coa colaboración de Zona Aberta, xa que serán os comercios da asociación os que distribúan as bolsas e os folletos da carta de servizos do Centro de Información á Muller (CIM), ao igual que a Praza de Abastos.
13.06.2019.- A campaña presentouse esta mañá no Concello un acto presidido pola concelleira en funcións dea Área de Igualdade, Tania García; a responsable do CIM; Julia Barbosa e presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán. A edil lembrou as continuas campañas que se levan a cabo dende a súa área no marco da loita contra a violencia de xénero, destacando que, “aínda así, seguen sendo moi necesarias iniciativas como esta”. A responsable do CIM explicou que nesta ocasión, a campaña finánciase cos fondos que reciben as entidades locais a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e que están orientados principalmente a actividades de formación e de sensibilización.

En canto a labor de difusión da campaña a través do comercio local, Barbosa explicou que se pensou en Zona Aberta por dous motivos de vital importancia. Primeiro, por tratarse dun sector de moito peso no tecido económico da cidade e segundo polo trato masivo e de proximidade que mantén coa veciñanza á que se quere chegar con esta campaña.

Os comercios colaboradores distinguirase coa colocación nos escaparates dun círculo lila indicando a súa adhesión á campaña. Os veciños poderán solicitar as bolsas nestes establecementos, que as repartirán totalmente de balde. Dentro das mesmas, irá o folleto coa carta de servizos do CIM para que todo o mundo, especialmente as mulleres, teñan coñecemento dos programas, servizos e actividades que se ofrecen dende o centro, así como os teléfonos de contacto.

Pola súa banda, a presidenta de Zona Aberta reiterou o firme compromiso do colectivo local de Vilagarcía na loita contra a violencia de xénero “causa na que estamos completamente implicados”, e agradeceu á Área de Igualdade a oportunidade que se lles brindou para participar nesta campaña e coa que tamén se recoñece a importante labor social do pequeno comercio, en canto a que é unha canle de contacto permanente e directo coa cidadanía.

A campaña “Mil Maneiras de ser Muller” empezarase a ver a partir de hoxe nas rúas da cidade a través dos soportes publicitarios. A partir do martes, comezaranse a repartir as bolsas co logo e lema nos comercios de Zona Aberta e tamén e fará un reparto na Praza de Abastos. Dende Igualdade confíase en que os vilagarciáns contribúan a estender o lema e a finalidade desta campaña de sensibilización contra a violencia de xénero utilizando as bandoleiras para facer a compra ou para levar á praia este verán.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -