_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EDUCACIÓN
O Concello pon en marcha unha nova convocatoria das axudas municipais para os Plans Madruga

A Xunta Local de Goberno aprobou as bases que rexerán unha a convocatoria das axudas ao Plan Madruga correspondentes ao ano 2019. A Concellería de Educación subvenciona os programas organizados polas ANPAS dos centros educativos coa finalidade favorecer a conciliación das familias. As axudas ascenden a un máximo de 100 euros mensuais e non se esixe un número mínimo de participantes no servizo. O prazo para solicitar as subvencións para o período comprendido entre xaneiro e xuño do ano en curso ábrese o 27 de maio. Posteriormente abrirase un novo prazo para realizar o trámite correspondente as Plans Madruga de setembro a decembro.
20.05.2019.- A Concellería de Educación xa remitiu a todas as ANPAS do municipio a información e os formularios para tramitar as solicitudes. O primeiro prazo de solicitude (para os plans de xaneiro a xuño) vai do 27 de maio ao 16 de xuño e logo ábrese outro período para a xustificación dos gastos. Para os plans madruga a desenvolver de setembro a decembro de 2019, abrirase un segundo prazo de solicitude que irá do 15 de setembro ao 15 de setembro e tamén haberá un período posterior para presentar a documentación xustificativa dos gastos.

As axudas están dirixidas aos centros do municipio de Educación Infantil e Primaria sostidos con fondos públicos e para os obradoiros de mañá que estean atendidos por persoal especializado nos que os nenos realicen actividades lúdico educativas como pintura, lectura, xogos tradicional ou reciclaxe entre outras. O departamento que dirixe Argimiro Serén, dispuxo para o presente ano unha partida de 10.000 euros destinados a financiar os Plan Madruga.

O Plan Madruga é unha medida de conciliación da vida familiar e laboral que normalmente prestan as ANPAS dos centros educativos. O goberno socialista recuperou hai tres anos as axudas para financiar estes plans por considerar que se trata dunha medida de apoio vital para a prestación dun servizo necesario. Grazas e esta iniciativa, as familias cuxos proxenitores entran a traballar antes do inicio da xornada escolar, poden deixar aos seus fillos nos centros educativos ás oito da mañá, atendidos por monitores ata a hora de entrada ás aulas. A convocatoria enmárcase nas políticas sociais que están a marcar a acción do goberno de Varela Paz.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -