_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Conservatorio ofrece 27 prazas repartidas en 11 especialidades instrumentais para o vindeiro curso

O Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía ofrece para o curso que ven un total de 27 prazas distribuídas nas 11 especialidades instrumentais que se imparten nos graos Elemental e Profesional. O centro de ensino musical abre o luns, 13 de maio, o prazo para inscribirse nas probas de acceso que deberán superar os alumnos que desexen cursar estudos no Conservatorio de Vilagarcía.
09.05.2019.- En total son 13 as prazas dispoñibles no Grao Elemental e 14 para o Profesional. En canto aos instrumentos, piano é para o que existe o maior número de prazas con 7 (3 en elemental e 4 en profesional), seguido de violín (1 de elemental 2 en profesional) e violonchelo (2 en elemental e 1 en profesional). Gaita e trombo son este ano as especialidades con menor oferta, so unha praza para cada un deles no grao elemental.

O número de prazas para os demais instrumentos é de 2 de clarinete en grao profesional, 2 de frauta (1 por grao), 2 de guitarra (1 en cada grao), ao igual que en percusión, saxofón e trompeta.

Como se sabe, para acceder ao Conservatorio, os aspirantes deben superar as probas de acceso. A inscrición para estes exames de ingreso debe realizarse do 13 ao 23 de maio nas dependencias do Conservatorio (sitas no Auditorio) en horario de 10 a 13.30 horas pola mañá e de 16 a 20 horas pola tarde. Para facelo deberán presentar cuberto o impreso de matrícula que se pode recoller nas oficinas do centro, copia do DNI ou folla do libro de familia e o ticket de ter abonado as taxas de exame. As taxas son de 31.20 euros para o grao elemental e 83,20 para o profesional, como nos últimos anos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -