_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
AVISOS
A Escola Infantil Municipal abre o prazo de matrícula para a temporada de verán

A Escola Infantil Municipal da Lomba abre hoxe, 7 de maio, o prazo de matrícula para a temporada de verán. Dende hai anos, o centro municipal pon a disposición dos veciños as vacantes que deixan as crianzas matriculadas debido ao período vacacional, co obxecto de contribuír a conciliación doutras familias, polo menos, durante os meses de xullo e agosto, e tamén para sacarlle o máximo rendemento ao servizo municipal que aínda nestas semanas seguirá contando cunha alta ocupación.
07.05.2019.- Os interesado poderán recoller os formularios de solicitude no propio centro e presentalos -debidamente cubertos e coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello, entre o 7 e o 16 de maio.

A Escola Infantil de Verán está dirixida a nenos e nenas nados nos anos 2016, 2017 e 2018. Excepcionalmente, tamén poderán acceder ao servizo os bebés nacidos en 2019 que teñan 3 meses cumpridos e praza para o curso 2019-2020, sempre que se xustifique a necesidade do servizo debido ás situacións laborais do pai e da nai. Poderán solicitar praza para os meses de xullo e agosto en horario de mañá- O número de prazas e as franxas de idade dispoñibles aínda non se pode precisar de momento, posto que dependerá das necesidades das familias actualmente con praza para os seus fillos, de si collen ou no vacacións.

Lista provisional de admitidos para o vindeiro curso

Por outra banda, infórmase de que xa se publicou a listaxe provisional de alumnos e alumnas admitidos na Escola Infantil Municipal para o curso 2019-20. Os interesados poden consultala no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal e na sede electrónica do Concello. As listas definitivas publicaranse o 28 de maio.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2019  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -