_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello organiza unhas xornadas formativas sobre a intervención policial ante a violencia de xénero

Vilagarcía acolle os días 6 e 7 de maio das Xornadas Formativas “A Intervención policial ante a violencia de xénero: boas prácticas e retos” organizadas pola Área de Igualdade do Concello e dirixidas aos profesionais das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A iniciativa enmárcase no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e parte da Mesa de Coordinación Contra a Violencia de Xénero do Concello de Vilagarcía, integrada por representantes e responsables de diferentes institucións e corpos de seguridade.
27.04.2019.- O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero propón unhas liñas de actuación entre as que se encontran o impulso á formación dos distintos axentes, así como o perfeccionamento na resposta institucional de asistencia, axuda, protección ás vítimas. Concretamente no eixo nº 5 recoméndase ampliar a formación especializada que reciben os e as profesionais da Administración de Xustiza, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en materia de prevención da violencia de xénero.

O CIM do Concello de Vilagarcía segue esta recomendación, co apoio dos fondos do Pacto de Estado, organiza esta acción formativa na que intervirán como relatores unha maxistrada do Xulgado de Familia nº 12 de Vigo, Paz Filgueira Paz; a xurista e responsable da Área de Igualdade na Delegación do Goberno, María Debén Alfonso; a psicóloga da quenda de atención especializada urxente a mulleres e a fillos e fillas en situación de violencia de xénero, Julita Touriño Araújo; o inspector responsable do Grupo de protección ás vítimas da Policía Local de Pontevedra, Ángel Ruibal; e a inspectora xefa da Unidade de Familia e Muller da Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra, Teresa Pantín Tascón.

As xornadas desenvolveranse na Sala de Conferencias do Auditorio en horario de mañá os dous días (de 9 a 14:30 horas). A participación é de balde e os interesados en asistir a esta acción formativa deben inscribirse acudindo directamente ao CIM de Vilagarcía, sito no Concello, ou enviando un correo elect´romico ao enderezo muller@vilagarcia.gal . Para obter máis información poden chamar aos teléfonos 986 099 200 extensións 107/109 en horario de mañá.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -