_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A mellora dos parques infantís continúa polo Piñeiriño e Dona Concha coa substitución do caucho e arranxo dos xogos

O Plan de Mantemento dos Parques Infantís do Concello de Vilagarcía chegará en breve aos parques do Piñeiriño e de Dona Concha (Vilaxoán) nos que, ademais de substituír o firme de caucho e reparar os valados, se arranxarán por completo todos bambáns e estruturas de xogo. A actuación na que o Concello investirá nela 67.494 euros de fondos propios xa se licitou e, unha vez contratada, a adxudicataria disporá dun prazo de 6 semanas para acometer os traballos.
25.04.2019.- Estes traballos lévanse a cabo periodicamente para manter as zonas infantís de xogos posto que, co paso do tempo, o uso e a exposición a intemperie, os elementos desgástanse e deterióranse, polo que é necesario realizar as labores de mantemento e conservación que permitan o uso en condicións de comodidade e seguridade por parte dos nenos e nenas.

Tanto no parque de Dona Concha como no do Piñeiriño revisaranse todos os bambáns e xogos e dependendo das deficiencias que presente cada elemento, cambiaranse as pezas en mal estado, lixaranse e pintaranse as pezas de madeira e trataranse con verniz protector, fixaranse as ancoraxes e apertaranse os parafusos.

O desgaste dos xogos é máis pronunciado na área do Piñeiriño debido á súa maior antigüidade. Aquí será preciso desmontar algunha das estruturas de xogos para reparalas no obradoiro e logo volver a montalas no parque.

O caucho do chan substituirase por completo no Piñeiriño e no de Vilaxoán, ademais de cambiar o existente, estenderase tamén firme sintético na parque que actualmente está cuberta con céspede artificial. Con isto conséguese dar uniformidade a toda a zona de xogos.

No que respecta aos valados de peche perimetral, o do Piñeiriño arranxaranse coa reposición das táboas en mal estado, lixado e pintado. Actualmente o valado do parque vilaxoanés é metálico, polo que substituirase por outro de madeira similar aos das demais zonas infantís de xogo do municipio.
Por último, no Piñeiriño instalarse un panel informativo e arranxarase o de Dona Concha.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -