_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Arranca a segunda fase da rexeneración urbana de Matosinhos

Apenas tres semanas despois de que se abrise ao público a primeira fase da Renovación urbana o Parque de Matosinhos e a súa contorna, arrancan xa as obras correspondentes á segunda e última fase do proxecto. Os operarios da adxudicataria comezan o luns os traballos que remodelarán por completo a imaxe e servizos e mellorarán a accesibilidade desta céntrica e poboada zona de Vilagarcía. O Concello inviste 338.355 euros nesta segunda fase que ten un prazo de execución de seis meses.
20.04.2019.- Tras os traballos executados no acceso á Escola Infantil Municipal e nas rúas do perímetro, os traballos que comezan o luns centraranse nun primeiro momento na Avenida Doutor Tourón para dar continuidade e rematar a reforma da beirarrúa, seguindo os mesmos criterios estéticos e funcionais do tramo xa executado. A intervención rematará na intersección coa Rúa Xunqueira, monde tamén se actuará para acondicionar a zona de aparcamento que existe detrás da Escola Infantil e mellorar a súa estética.

O proxecto tamén prevé unha intervención na beirarrúa oposta de Doutor Tourón, en concreto na zona da parada de autobuses situada fronte as Torres Caixanova, que se acondicionará creando unha zona verde.
Por último, actuarase no corazón de Matosinhos, na zona verde. A actuación no Parque prevé cambiar por completo a estética da zona verde, cun deseño que combinará zonas de céspede con outras nas que se plantarán árbores e arbustos e instalarase iluminación led nos alcorques. A conexión do parque coa Rúa Matosinhos mellorarase co acondicionamento dos corredores existentes entre os edificios, nos que se eliminarán as barreiras arquitectónicas.

Coa realización destas dúas fases, o Concello de Vilagarcía terá investido na modernización e mellora do barrio de Matosinhos máis de medio millón de euros. Para o goberno local, actuar nesta zona era fundamental debido a que non se tiñan realizado nel obras importantes dende había case tres décadas e, principalmente, por tratarse dunha zona altamente transitada a pé polos nenos e nenas que acoden a diario aos catro centros educativos alí emprazados, e na que era indispensable e urxente mellorar a seguridade e a accesibilidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -