_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
As obras de humanización e mellora da accesibilidade na rúa Duráns arrancan o luns

As obras de remodelación e humanización do barrio dos Duráns comezarán o luns, 15 de abril coa primeira das actuacións proxectadas polo Concello: a Mellora da Accesibilidade na Rúa Duráns. A empresa Bespi Construcciones levará a cabo a actuación consistente en ensanchar unha das beirarrúas co obxecto de aportar comodidade aos peóns -especialmente para os que teñan problemas de mobilidade- e permitir o paso e acceso de cadeiras de rodas ou carros de bebés. Tamén se eliminarán as barreiras arquitectónicas e se mellorarán as redes de auga e saneamento.
11.04.2019.- Esta primeira fase da remodelación e humanización do Barrio de Os Duráns afectará ao principal acceso ao barrio dende a Praza Xoán XXIII, á denominada Rúa Duráns, concretamente no tramo que vai dende á Praza Xoán XXIII ao cruce coa rúa Eduardo Pondal. As dimensións da calzada impiden ensanchar ambas beirarrúas, polo que se opta por ampliar a que presenta maiores facilidades e menos desniveis, é dicir á que sube dende Xoán XXIII á man dereita. Tras os traballos, esta beirarrúa disporá de 3 metros de ancho. Para isto será preciso eliminar unha das liñas de estacionamento. Maila isto, o barrio non perderá capacidade de aparcamento grazas a que hai uns meses o Concello abriu o estacionamento público e de balde ao remate da rúa Aquilino Iglesias, co que o saldo resulta positivo.

Ademais, construirase un paso de peóns elevado ao inicio da rúa, na intersección coa Praza Xoán XXIIII de xeito que as dúas beirarrúas da rúa Os Duráns queden ao mesmo nivel, facilitando así o acceso dos peóns, carros da compra ou de bebés, dun a outro lado. E por último, asfaltarase toda a calzada.

Estas obras teñen un custo de 46.945 euros que se financian con fondos do Plan Concellos da Deputación. Unha vez rematada esta actuación, o executivo de Alberto Varela ten previsto continuar coa mellora estética e de accesibilidade nos Duráns humanizando o primeiro tramo da rúa Aquilino Iglesias Alvariño, que tamén sufrirá unha importante mellora estética, e será de acceso peonil salvo para entrada ao párking.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2019  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -