_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello dobrará un tramo da rede de saneamento para reducir o risco de atascos na rúa Vilaboa

Tal como se sospeitaba, os problemas que se estaban a rexistrar no saneamento da Rúa Vilaboa estaban provocados polo atasco da rede debido a un mal uso do servizo. Tras abrir a rúa, comprobouse que a tubaría estaba taponada en tres puntos diferentes por unha amalgama solidificada composta por graxas, deterxentes, toalliñas, produtos de hixiene íntima e obxectos tales como unha pelota de tenis e un cuberto. Ademais de facer un chamamento ao uso correcto do saneamento por parte dos usuarios, o Concello dobrará a canalización para repartir o caudal e tratar con isto de evitar os atascos.
11.04.2019.- Os traballos comezaron hoxe mesmo e consistirán na instalación dun segundo colector que conectará mediante un baypass co tubo actual da Rúa Vilaboa e discorrerá ao longo duns 25 metros pola Rúa Veiga de Abaixo, onde entroncará coa rede que pasa por alí e desemboca no bombeo de Amproa. Deste xeito o caudal de residuais da Rúa Vilaboa dividirase entre a actual canalización, que conecta con Pablo Picasso, e entre o novo tubo que conducirá as augas negras cara a avenida Valle Inclán.

As obras levaranse a cabo co a maior celeridade co obxecto de telas rematadas antes de que regresen as choivas, que soen elevar o caudal do saneamento e levar arrastres de terra. Posteriormente, cando as condicións climatolóxicas o permitan, reporase o firme.

O concelleiro de Obras e servizos, Lino Mouriño fai un chamamento á cidadanía para que faga un bo uso da rede de saneamento e para que se evite tirar polos desaugues aceites, produtos de hixiene íntima e, sobre todo toalliñas que, pese a que os envases poñan que se poden desbotar polo WC, o certo é que non son biodegradables e obturan redes e as maquinarias de bombeos dos sistemas de saneamento non só en Vilagarcía, si non en todas as cidades do mundo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -