_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello xa dispón dos terreos para ampliar a piscina municipal de Fontecarmoa

O Concello de Vilagarcía xa é titular dos terreos necesarios para levar a cabo a esperada ampliación da piscina municipal de Fontecarmoa. A adquisición por parte do Concello da parcela de 3.762 metros cadrados oficializouse este mediodía no Concello e ante notario coa firma do documento de compra-venta por parte do alcalde, Alberto Varela, e os anteriores propietarios: José Chorén, Manuel Navia, María Luis Rodríguez e Ana María Lago. A operación tivo un custe de 114.364,80 euros que se financiaron cos fondos que lle corresponderon a Vilagarcía a través do Plan Concellos da Deputación.
22.03.2019.- A adquisición dos terreos sitos na parte posterior ás actuais instalacións permite poñer en marcha os seguintes mecanismos para executar demandada e necesaria ampliación da infraestrutura deportiva. O seguinte paso será elaborar o prego e sacar a licitación a redacción do proxecto técnico construtivo para, unha vez se dispoña deste, licitar a obra propiamente dita.

A ampliación da piscina consistirá na construción dun novo vaso de 25x12,5 metros nun edificio anexo e unido ao orixinal a través dun corredor climatizado. Tras as obras, a infraestrutura deportiva municipal contará con dúas piscinas principais de 25x12,5 metros, máis o vaso pequeno, dedicado aos usuarios infantís e aos cursos de formación, que xa está en uso nas instalacións primixenias. O proxecto non se limitará á construción da parte nova, senón que tamén incluirá a reforma integral da fachada acristalada da actual piscina, que presenta problemas de condensación.

A expensas de dispor do proxecto técnico, estímase que o presuposto da obra de ampliación ascenda a 1,3 millóns de euros, aos que haberá que sumar os 60.000 euros do custe da redacción do proxecto. Este importante investimento financiarase principalmente con cargo aos fondos europeos concedidos a través da EDUSI para o programa “Vilagarcía Avanza”.

A intención do goberno que preside Alberto Varela é dispor este ano do proxecto e sacar a licitación a obra que se executaría no transcurso do ano 2020. Con esta actuación, o executivo da resposta a unha demanda que se ven realizando dende hai uns anos por parte dos usuarios da piscina municipal e do propio Club de Natación e Salvamento Acuático de Vilagarcía, debido á saturación que rexistran as actuais instalacións deportivas. Ademais, esta actuación enmárcase no plan de reforma e mellora das instalacións deportivas municipais que está a levar a cabo o Concello e que inclúe, entre outras actuacións a renovación da herba artificial do campo de fútbol de Vilaxoán ou a substitución da cuberta da grada da Lomba.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -