_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Fundación abre o prazo para solicitar as axudas ao deporte federado e á organización de eventos deportivos

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria das axudas ao deporte federado e á organización de eventos deportivos extraordinarios que convoca anualmente a Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía. O prazo para a solicitude das subvencións en calquera das modalidades ábrese mañá, 1 de marzo, e remata o día 20 deste mesmo mes. O organismo que preside Argimiro Serén destina 112.000 euros para o reparto destas axudas.
28.02.2019.- A novidade na convocatoria deste ano é que os clubs ou entidades deberán tramitar as solicitudes vía telemática a través da sede electrónica. Precisamente, para informar desta novidade e explicar aos interesados o procedemento a seguir, a Fundación celebrou hai unas semanas unha xornada formativa destinada aos directivos e responsables das entidades deportivas.

A partida inicial destinada este ano ás axudas para o fomento do deporte federado ascende a 82.000 euros, suma que pode incrementarse no caso de quedar algún sobrante da cantidade consignada para subvencionar a organización de actividades extraordinarias. Para esta outra liña, existe unha partida de 30.000 euros.

As axudas repartiranse en base aos criterios e baremos establecidos nas bases da convocatoria, documento que se pode consultar no taboleiro de anuncios do portal municipal http://www.vilagarcia.gal e no apartado da Fundación de Deportes da sede.vilagarcia.gal. nestes mesmo puntos están dispoñibles os formularios de solicitude e os anexos.

Ademais, a Fundación xa está informando vía email aos clubs de que mañá se abre o prazo de solicitude, a efectos de que a ninguén se lle pase o prazo estipulado nas convocatorias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -