CULTURA
Os cursos CELGA poderán realizarse este ano de forma telemática ou presencial O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía informa da nova convocatoria para a realización dos cursos de galego CELGA correspondentes aos diferentes niveis. A novidade deste ano é que os interesados poden optar por formarse de xeito tradicional, con clases presenciais, ou por vía telemática. O prazo de inscrición está aberto ata o día 11 de marzo.
22.02.2019.- As cidades máis próximas a Vilagarcía nas que se impartirá a formación presencial son Pontevedra, Santiago e Vigo. Os cursos ofertados pola Xunta son os dos niveis Celga 3 e 4 en Pontevedra, Celga 2, 3 e 4 en Santiago e niveis 2, 3 e 4 en Vigo. Na modalidade telemática se impartirán os Celga 3 e 4.
As persoas que opten pola modalidade telemática deben inscribirse obrigatoriamente a través da sede.xunta.gal. No caso de estar interesados nos cursos presenciais, a inscrición tamén se pode realizar vía internet a través do mesmo enderezo, ou cubrir os formularios que se lles facilitarán no Servizo de Normalización do Concello e presentalos debidamente cubertos a través do Portelo Único do Rexistro Xeral da administración local.
Para máis información poden dirixirse ao Gabinete de Normalización en Pontevedra, chamando aos teléfonos 986 805956, 986 805957 e 986 805971. Tamén no Concello de Vilagarcía, no departamento de Normalización sito no primeiro andar, ou a través do teléfono 986 099 200 extensións 317 ou 319.