_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O colector de auga de Doutor Tourón renovarase cun novo sistema de instalación máis rápido e menos custoso

A renovación do colector principal da rede de abastecemento de auga na Avenida Doutor Tourón executarase cun novo sistema de instalación moito máis rápido e menos custoso. O novo tubo introducirase polo interior do colector actual a través de 7 puntos, polo que non será preciso abrir a vía ao longo dos 417 metros aos que afectará a obra. Ao eliminar as obras de apertura e reposición do firme, o presuposto redúcese ata os 48.000 euros, co que, ao tratarse dun contrato menor, os trámites de adxudicación axilízanse moito. O goberno local leva ao Pleno da vindeira semana a proposta de cambio de finalidade de crédito para financiar a obra.
21.02.2018.- Ante a absoluta prioridade que o executivo local dou á renovación da rede de abastecemento en Doutor Tourón debido as constantes roturas que se estaban a producir pola súa antigüidade, despois de realizar os estudos pertinentes sobre a súa viabilidade, Espina e Delfín propuxo ao Concello realizar a obra con este método xa utilizado en outras actuacións realizadas na provincia, como por exemplo no Concello de Poio, onde se renovaron varios quilómetros de rede deste xeito.

O "RELINING" é un sistema de renovación de tubería sen gabia, con entubado non axustado e unido mediante soldadura a tope. Trátase dunha tecnoloxía innovadora, cun proceso máis rápido, económico e sostible que o método convencional.

O sistema non precisa abrir a calzada o que, ademais de rebaixar custes de obra, reduce ao mínimo o impacto que os traballos terían no tráfico rodado nesta importante vía de acceso ao centro da cidade. Tamén se evitan os molestos ruídos por perforacións da vía e se reduce ao mínimo a xestión de residuos resultantes. Ademais, permite rematar a obra nun prazo moito máis breve, polo que os actuais problemas que padecen actualmente os veciños de Doutor Tourón polas roturas da colector veranse resoltos en cuestión de semanas, obxectivo prioritario do executivo que preside Alberto Varela.

O tramo de tubería suma os 417 metros lineais da avenida Doutor Tourón comprendidos entre o cruce de Vista Alegre e a Glorieta da Mariña Española. Para instalar o novo colector só será preciso abrir sete catas de 5 metros de longo por 1,5 de ancho. O novo tubo será de polietileno, material resistente pero que conta coa flexibilidade necesaria para poder introducilo e guialo polo interior da vella canalización de fibrocemento sen necesidade de facer a obra a ceo descuberto. A actuación farase en tramos, realizando as conexións nos 7 puntos das catas.

A instalación de tuberías sen abrir a vía pódese facer de dous xeitos. O que se utilizará en Vilagarcía será o menos agresivo, posto que o novo colector introducirase sen romper o vello. Óptase por esta alternativa debido ás características deste tramo concreto de vía, onde as canalizacións dos diferentes servizos (saneamento, gas, telecomunicacións e pluviais) discorren moi pegadas e a diferentes niveis. Deste xeito evítanse os riscos de afectar a outras instalacións.

Segundo o estudo realizado por Espina, a colocación do novo colector será doada posto que terá 200 milímetros de diámetro e discorrerá polo interior do vello, que ten 250. A redución do calibre non incidirá na calidade do servizo, segundo os cálculos de caudal e presión realizados pola concesionaria. Ademais, permitirá un mellor enlace nos extremos, posto que o resto da rede tanto cara o interior da cidade como cara Vilaxoán, xa é de 200 milímetros.

En paralelo a esta actuación, o proxecto prevé a instalación dun novo tramo de rede secundaria bordeando os edificios das torres Caixanova. Esta nova instalación, que non existe actualmente, terá unha lonxitude duns 50 metros e ten como obxectivo que, en caso dunha avaría no colector xeral, os edificios desta zona poidan recibir o subministro de auga a través da rede secundaria.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -