_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Xardíns trata as árbores dos parques da Compostela, Castriño e Concha para frear procesionaria do piñeiro

O Servizo Municipal de Xardíns comezou a tratar ás árbores dos parques da Concha, Compostela e Castriño contra a procesionaria do piñeiro. Dada a aparición das típicas ringleiras de larvas, estase a aplicar nos troncos de piñeiros, cedros e outras árbores unha cola especial non tóxica que atrapa aos vermes e impide que cheguen ao chan, onde resultan especialmente perigosos para os cans, debido ós efectos urticantes que provocan co contacto.
20.02.2019.- Esta cola especial aplícase nunha franxa do tronco, fora do alcance da man dunha persoa, de xeito que as larvas, ao baixar dos niños que constrúen nas copas dos pinos, queden pegados nela. A cola aplícase manualmente con brochas, e de xeito rápido, polo que as trampas estarán listas nos tres parques nos vindeiros días.

Hai unhas semanas que se detectou a presenza da procesionaria en parques do municipio, circunstancia que soe producirse nos meses de febreiro e marzo. Tras eclosionar os ovos dos niños construídos nas copas de piñeiros e cedros, as larvas descenden polo tronco para buscar un lugar no que enterrarse e pasar baixo terra o estado de crisálida antes de converterse en bolboreta. No estado larvario, os vermes teñen uns filamentos recubertos dunha substancia que, ao contacto coa pel, produce urticaria. Nos humanos pode resultar molesto e incluso perigoso en persoas alérxicas, e tamén reviste gravidade no caso dos cans.
O tratamento que se está aplicando en Vilagarcía pretende reducir estes riscos.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -