_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello instalará cámaras de seguridade e renovará o alumado público no parque empresarial de Trabanca Badiña

O Concello de Vilagarcía proxecta dúas novas actuacións para mellorar e modernizar as infraestruturas do parque empresarial de Trabanca Badiña. Despois do recente asfaltado do acceso ao polígono e dalgunhas das vías interiores, a administración local pretende investir 90.875 euros en renovar o alumeado público baixo criterios de eficiencia enerxética e instalar cámaras de vixilancia para mellorar a seguridade da zona empresarial. Os proxectos destas obras xa foron aprobados en Xunta de Goberno, onde tamén se acordou solicitar á Xunta de Galicia sendas subvencións que se complementarán con fondos municipais.
19.02.2019.- A primeira das actuacións é a de mellora do alumado público e que ten un presuposto de 41.418 e que consiste na substitución de todas as luminarias do parque empresarial por outras tantas de tecnoloxía LED. En total cambiaranse 101 puntos de luz. A medida suporá un importante aforro enerxético, posto que se pasará de consumir 55.578 kilowatios/hora a nada máis que 14.189. E isto traducirase na redución do 72,5% do importe da factura da luz que baixará dos 8.835 euros anuais de agora, aos 2.290 a abonar coas lámpadas LED.

A segunda das actuacións proxectadas polo Concello consiste en dotar ao polígono empresarial dun sistema de seguridade e vixilancia, e ten un custe de 49.457 euros. O proxecto prevé a realización do tendido e cableado de fibra óptica, a instalación das cámaras de vixilancia con sistema de gravación de alta resolución e a posta en marcha do sistema que servirá para controlar as zonas de paso (vía pública) do parque. Con esta medida, demandada polas empresas asentadas na zona, preténdese evitar roubos e actos vandálicos nunha zona que, polas súas características, apartada e que queda deshabitada polas noites, preséntase bastante desprotexida.

O Concello pretende financiar parte destas actuacións a través da liña de subvencións que vén de convocar á Xunta para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia. Na solicitude apúntase que o polígono de Trabanca Badiña acolle actualmente a 30 empresas nos 70.000 metros cadrados de superficie dos que dispón. Ademais, advírtese que o Vilagarcía é un concello acollido á iniciativa Doing Bussiness Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -