_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A concelleira de Cultura representa a Vilagarcía na Asociación de Entidades Locais pola Lingua

A concelleira de Cultura e Normalización, Sonia Outón, representa ao Concello de Vilagarcía no seo da Asociación de Entidades Locais pola Lingua que constituíu este mediodía en Santiago de Compostela. Vilagarcía é un dos 16 municipios de Galicia que conforman esta nova entidade, que nace en resposta da necesidade de colaboración e coordinación entre municipios para poder desenvolver iniciativas e programas tendentes a garantir o uso da lingua galega no eido das administracións locais, e a potenciar o seu emprego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa.
15.02.2019.- Participando nesta nova asociación, o Concello de Vilagarcía volve a poñer de manifesto o seu absoluto compromiso coa defensa do galego. De feito, a adhesión á entidade foi aprobada polo Pleno da Corporación Municipal na sesión do pasado mes de novembro.

Ademais da concelleira de Cultura como representante da Corporación, o Concello de Vilagarcía tamén conta na asemblea cun representante técnico, neste caso o responsable do Servizo de Normalización.

Para contribuír no financiamento das iniciativas que se promovan desde a asociación, os concellos deberán aboar unha cota anual que se fixa en función ao seu número de habitantes. No caso de Vilagarcía é de 5.000 euros ao ano. Con estes fondos, os colectivo promoverá programas a nivel supramunicipal como o “Apego”, no que tamén participa o Concello e que foi o xerme para a creación desta asociación colaborativa entre entidades para a promoción e normalización do uso da lingua galega.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -