_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello solicita a súa inclusión no programa de emprego para preceptores da RISGA

O Concello de Vilagarcía solicitou a súa inclusión no programa de contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión perceptoras da RISGA promovido pola Xunta de Galicia. Como nas últimas edicións, o executivo socialista decidiu implementar con fondos propios a subvención da Consellería coa finalidade de que as contratacións sexan a xornada completa en lugar de parcial. Con iso búscase aportar algo máis de estabilidade laboral e proporcionar un salario máis elevado que favoreza a autonomía económica dos beneficiarios. O Concello propón a contratación de 20 preceptores da Risga a xornada completa durante 7 meses.
11.02.2019.- Para desenvolver esta iniciativa, solicítase á Consellería de Economía, Emprego e Industria unha subvencións de 151.922 euros á que o Concello engadirá 54.842 euros para financiar os custes salariais da ampliación de xornada nos contratos.

Os perfís laborais demandados son 10 peóns forestais e 10 peóns de construción de obra pública. De aprobarse a proposta de Vilagarcía, os traballadores reforzarían os servizos municipais de Obras, Medio Ambiente e Xardíns para dedicarse á realización de actividades de acondicionamento, reparación e conservación de infraestruturas, edificios e mobiliario urbano municipal, así como á execución de traballos específicos de recuperación, mantemento e coidado de espazos medioambientais.

O programa de contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA ten como obxectivo facilitar o acceso ao mercado laboral ás persoas máis desfavorecidas e co nivel máis baixo de recursos. O goberno socialista entende que a acción das administracións non deben limitarse a facilitar a contratación, senón que debe tratar de garantirse que sexan empregos estables e con salarios dignos para permitir ou axudar a autonomía económica dos traballadores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -