_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A recollida de roupa usada para Cáritas medrou un 33% o ano pasado en Vilagarcía

Vilagarcía segue sendo unha das prazas fortes na recollida de roupa usada que leva a cabo Cáritas Diocesana para o desenvolvemento do seu proxecto de integración socio laboral “Arroupa”. De feito, a cantidade de prendas de segunda man recollidas pola entidade en 2018 no municipio incrementouse un 33,3%, pasando das 62,4 toneladas de 2017 ás 83,3 do exercicio que vén de rematar.
02.02.2019.- Cáritas conta en Vilagarcía con 18 puntos de recollida, dos cales 16 están emprazados na vía pública a través dun convenio de colaboración do Concello de Vilagarcía, que dada a finalidade social do “Arroupa” o exime das taxas por ocupación. Os outros 2 puntos de recollida sitúanse na parroquia de Santa Baia de Arealonga.

Os puntos os que se recolleu maior cantidade de roupa usada foron os instalados no adro da igrexa de Santa Baia de Arealonga (10.784 quilos), na Praza da Constitución (8.643 quilos) e no Piñeiriño (8.638). A colaboración veciñal tamén foi importante no colector de Matosinhos (5.680 quilos), Vilaxoán (5.292), e na Rúa A Coca/Alcampo (5.146). Seguíronlle os da Avenida López Ballesteros (4.853 quilos), Avenida das Carolinas (4.842), Carril (4.807) e Rúa San José (4.303). Por último, tamén houbo recollida nos contedores de Sobradelo (3.257 quilos), Avenida da Mariña (3.170), no roupeiro parroquial de Santa Baia (3.467), no depósito do pavillón de Fontecarmoa (2.791), no da Rúa do Adro, en Sobradelo (2.187), no da Igrexa de Rubiáns (1.888), no da Rúa Primeiro de Maio (1.803) e no da Rúa do Porto, na Torre (1.770).

O proxecto “Arroupa Santiago” vertébrase a través dunha sociedade limitada cuxo obxectivo é proporcionar un traballo a persoas desempregadas en situación de exclusión social. O seu funcionamento baséase na recollida da roupa usada doada e no seu acondicionamento para a posterior venta, en tendas tamén xestionadas por Arroupa, como prendas de segunda man ou como telas. A roupa máis pasada de moda que non ten saída comercial aquí, destinarase á países en vías de desenvolvemento, onde si a ten.

A boa acollida que a iniciativa está tendo entre os vilagarciáns resulta moi positiva tendo en conta as súas vertentes social e medioambiental. Cómpre lembrar que ademais de colaborar co proxecto de reinserción social e laboral para persoas en situación de emerxencia que desenvolve Cáritas, usando estes contedores tamén se evita que a roupa usada acabe na bolsa do lixo. Deste xeito, redúcese o volume de residuos sólidos urbanos que se xestionan dende Sogama, sistema que ten maior custe ambiental que a reciclaxe e reutilización da roupa.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -