_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello continuará co plan de eficiencia enerxética aplicando tecnoloxía LED ao alumado de 23 rúas

O Concello de Vilagarcía pretende levar a cabo unha nova fase do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética iniciado hai uns anos. A nova actuación planificada polo goberno local afectará a un total de 23 rúas e consistirá en aplicar a tecnoloxía LED aos 256 farois existentes no ámbito de actuación. O proxecto ten un custe de 40.000 euros que se pretenden financiar a través das axudas do Fondo de Compensación Ambiental convocadas pola Xunta de Galicia.
30.01.2019.- Segundo se recolle no proxecto aprobado pola Xunta de Goberno, a substitución das 256 lámpadas de descarga operativas nestes momentos por outras tantas de tecnoloxía LED suporá un importante aforro enerxético, xa que a potencia eléctrica que precisan os equipos actuais para funcionar elévase a 27.134 watios, mentres que co sistema LED reduciríase aos 8.400. A redución no 69% da potencia enerxética requirida non rebaixa a calidade lumínica do servizo -que se mantén ou incluso mellora-, pero si que suporá un importante aforro económico na factura do consumo de electricidade que abona o Concello.

Este non é o único beneficio que suporá a modernización do alumeado público, xa que a redución de consumo enerxético e a utilización eficiente da electricidade tamén contribúe a reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro.

Centro de Vilagarcía, Rafael Pazos e o Campo dos Martices
A maior parte das 246 luminarias a renovar con esta actuación sitúanse en rúas do centro urbano e zonas peonís de Vilagarcía. En concreto son as da Avenida da Mariña, Praza da Constitución, Rúa Juan García, Castor Sánchez, Xosé Núñez Búa, Rúa do Cristo, Castelao, Edelmiro Trillo,Valentín Viqueira, Vista Alegre, Padre Feijó, Rúa da Baldosa, Covadonga, Rúa do Castro, Travesía da Baldosa, Praza de Galicia, Praza Doutor Carús, Alcalde Rey Daviña, Rúa Vergara, Méndez Núñez e Praza Martín Gómez Abal. A maiores, tamén se actuará na Praza Rafael Pazos, de Vilaxoán, e na zona do Campo dos Martices, en Cea.

Dentro deste mesmo Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética que está executando o Concello no alumeado público e nos edificios municipais, en breve levarase a cabo a renovación de 1.330 puntos de luz en 23 camiños do rural. O proxecto atópase en fase de contratación, ten un custe de 193.843 euros e finánciase con fondos propios do Concello correspondentes ao superávit de 2017.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -