_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Serviocio continuará xestionando a piscina municipal ata que se complete a licitación da concesión

O proceso para sacar a contratación a nova concesión da piscina municipal de Vilagarcía non interferirá no normal funcionamento do servizo aos usuarios. Para garantir a continuidade da prestación mentres se completa o procedemento, a Xunta de Goberno Local acordou onte manter de forma transitoria a prórroga da que dispón a actual concesionaria, Serviocio, ata que a nova adxudicataria asuma a xestión das instalación. Deste xeito, os usuarios poderán seguir acudindo ás instalacións deportivas da piscina independentemente da data na que culmine o proceso administrativo.
29.01.2019.- O Concello xa está redactando os pregos das cláusulas administrativas e técnicas que rexerán a licitación do novo contrato para a xestión da piscina. Dado que a prórroga concedida hai dous anos á actual concesionaria conclúe o vindeiro 9 de marzo, e tendo en conta os prazos legais que require o procedemento unha vez que aproben os pregos (licitación, prazo de presentación de ofertas, avaliació, informes das propostas presentadas, adxudicación e firma do novo contrato…) todo parece indicar que o proceso no rematará antes desta data.

En previsión desta posibilidade, o Concello acóllese ao estipulado na Lei de Contratos do Sector Público, na que se dispón que se a declaración de nulidade dun contrato produce un grave trastorno para o servizo público -como o sería o peche das instalacións da piscina á que acoden diariamente centos de persoas- poderá dispoñerse a continuación do mesmo baixo as mesmas cláusulas e ata que se adopten as medidas necesarias para evitar o prexuízo, é dicir, ata que se proceda á nova adxudicación.

Mantense o aforro municipal que supuxo a prórroga

En base ao acordo adoptado onte, Serviocio seguirá xestionando de forma transitoria as instalacións da piscina municipal en idénticas condicións ás que o ven facendo ata agora,é dicir, ás establecidas no acordo de novembro de 2016 no que se lle concedía a prórroga de 2 anos que está a piques de rematar. En base a ese acordo, dende a entrada en vigor da prórroga, o Concello deixou de aboar a Serviocio os 3.500 euros anuais que pagou durante os 15 anos anteriores de concesión pola realización na piscina das actividades deportivas que organiza a Fundación Municipal de Deportes dentro do seu programa anual. Nestas mesmas condicións continuará Serviocio dirixindo e prestando os servizos deportivos na piscina municipal ata que entre en vigor o novo contrato.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -