_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Luis Piedrahita e as súas “agmídalas” regresan ao Auditorio de Vilagarcía en abril

O popular monologuista Luis Piedrahita xa é un fixo na axenda cultural de Vilagarcía. De feito, o humorista coruñés volverá a facer escala este ano no Auditorio Municipal para representar o seu exitoso espectáculo “Las agmídalas de mis agmídalas son mis agmídalas”. Será o sábado, 6 de abril, ás 20:30 horas. As entradas estarán proximamente á venta a través da plataforma de ticketea a 15 e 17 euros (máis custes de xestión).
28.01.2019.- O paso por Vilagarcía de “El Rey de las Cosas Pequeñas”, ou o que é o mesmo, Luis Piedrahita, saldouse nas anteriores ocasións colgando o cartel de “aforo completo”, logro que espera volver a acadar nesta nova representación. Non en van, este espectáculo, xa testado en Vilagarcía, conta co aval de manterse dous anos xirando por toda España con gran éxito de público e a crítica o ten cualificado como “unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI”.

“Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas” é un espectáculo de case hora e media no que se mesturan risas e emocións, conseguidas sen máis artificios que a personalidade, a voz e a expresión corporal do cómico coruñés, ademais do seu magnífico manexo da palabra e do dicionario da Real Academia.

As entradas para o espectáculo poranse á venta nos vindeiros días través de http://www.ticketea.com e do teléfono 902 044 226. O prezo en venta anticipada é de 17 euros (máis custes de xestións) nas zonas A e B e 15 (tamén máis gastos) na C.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -