_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
COMERCIO E INDUSTRIA
Vinteún establecementos participan na primeira edición do concurso de decoración de Nadal

A primeira edición do Concurso de Decoración de Nadal convocado polo Concello de Vilagarcía contou con boa acollida por parte dos sectores comercial e hostaleiro, aos que vai dirixido. Un total de 21 coa 21 establecementos (sobre todo tendas, aínda que tamén algún bar e dous postos da Praza de Abastos) participan no concurso que ten como obxectivo incentivar a decoración e ambiente de Nadal nas rúas da cidade. O Concello concederá tres premios en metálico por importe de 595 euros ás fachadas mellor decoradas.
26.12.2018.- Para a avaliación dos traballos teranse en conta criterios como a superficie da fachada decorada, a innovación e orixinalidade, o deseño ou a pertenza a algunha das asociacións sectoriais do municipio. En base a iso, concederase un premio de 595 euros á mellor decoración no apartado de comercio retallista, a mesma cantidade para a hostalería e outro tanto para o posto mellor valorado da Praza de Abastos.

Os establecementos concursantes identifícanse mediante un cartel que debe estar visible na fachada, que deberá permanecer decorada durante todas as festas de Nadal, como mínimo do 20 de decembro ao 6 de xaneiro. Os negocios que concursan son; Máis que nenos, Calzados Romero, Foto Merchy, Chik-Kids. Kamea, Calzados Yosu, Cocoe Moda, Imaxe, Rubén neira, Master Vilagarcía, Mobu, Moto Bazar, Don Pelo, Diurno, Tetereta, Zapatería Par, Yolanda Fabello Rivas, María del Carmen Pazos Rabuñal, Chic Home e Guayaba.

O xurado encargarase de percorrer os locais participantes para avaliar a decoración das fachadas durante diferentes xornadas. Estará integrado por representantes do Concello, Zona Aberta, Ahituvi, Asociación de Praceiros e un profesional relacionado coa estética, belas artes ou da escenificación. O fallo darase a coñecer o 11 de xaneiro e a entrega de premios terá lugar posteriormente nun acto público.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2019  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -