_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
DEPORTE
O goberno local ofrece diálogo e todas as facilidades para que o torneo AF7 continúe na cidade

O goberno local, a través da súa portavoz, Tania García, e o presidente da Fundación de Deportes, Miro Serén, ofreceron de novo diálogo e todas as facilidades aos organizadores do torneo alevín de fútbol AF7 para que continúe na cidade. García e Serén dixeron descoñecer aínda cales son os motivos reais desa renuncia se, como din os organizadores, non teñen carácter económico.
13.12.2018. Na súa comparecencia, o presidente da Fundación relatou que o torneo chega a utilizar catro campos de fútbol e ata un pavillón feiral, ademais de contar coa colaboración de máis de 30 traballadores de ata sete departamentos municipais e de ser a organización deportiva que máis diñeiro recibe do concello, pois aos 10.000 euros que ten asignados como subvención directa hai que sumar outros 30.000 por diversos conceptos, gastos xerados polas instalacións (auga, electricidade, etcétera) aparte.

Esa colaboración, explicou Miro Serén, téñena garantida. Outra cousa é que, ademais do descrito, pretendan utilizar o campo da Lomba por riba do uso recomendado polos especialistas no coidado de céspede, pechar rúas ou botar foguetes sen permiso, instalar nun campo de herba vehículos sen autorización, ou impoñer datas de celebración das súas actividades sen ter en conta nas necesidades doutros equipos ou organizacións.

En calquera caso, o Concello, insistiu o presidente da Fundación e a portavoz do goberno, está disposto a escoitar e valorar as peticións concretas que faga a organización do AF7 de cara a futuras edicións do torneo. “O AF7 é importante para Vilagarcía, e nos gustaría que aquí seguirá, pero non a calquera prezo”, resumiu Serén.

Pola súa banda, a voceira do goberno incidiu nas connotacións políticas que hai detrás do anuncio da marcha do torneo da cidade. Na súa opinión, o Partido Popular debe explicar por que as conversas sobre un posible traslado a outro municipio da bisbarra se celebraron na delegación da Xunta en Pontevedra. Tania García advertiu contradicións entre o que defende o PP de Vilagarcía e o doutros lugares, pero, en calquera caso, reiterou a súa oferta de diálogo, “aínda sempre dentro do respecto ás institucións e ás persoas”.

Miro Serén e Tania García recalcaron o seu desexo de que o AF7 continúe en Vilagarcía, pero insistiron en que a decisión é dos seus organizadores. “As portas en Vilagarcía están sempre abertas, para saír, para entrar e incluso para non saír cando así se decide”, dixo Serén, ao que García engadiu que si finalmente ese feito se produce “lle desexamos os maiores dos éxitos alí onde decidan ir”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -