AVISOS
Corte e desvíos de tráfico o luns pola tarde en Rodrigo de Mendoza A circulación rodada pola avenida Rodrigo de Mendoza verase alterada o luns, 10 de decembro, pola tarde debido ás obras de canalización do tendido eléctrico para os semáforos que se están instalando nesta vía. Para poder levar a cabo os traballos será preciso cortar un carril da circulación entre a Glorieta da Mariña española e a segunda travesía de Rodrigo de Mendoza (á altura do Andaina) polo que será necesario activar varios desvíos a partir das 15:00 horas.
07.12.2018.- Debido á eliminación dun carril da circulación entre o cruce da Glorieta da Mariña Española e a segunda travesía de Rodrigo de Mendoza, os vehículos so poderán transitar por este tramo da vía en dirección á Porta da Luz Salgada. Para facilitar a circulación nos dous sentidos pola Avenida de Rodrigo de Mendoza, faranse os seguintes desvíos:
1. O sentido de rotonda da Porta da Luz Salgada cara a Glorieta da Mariña Española desviarase polo carril de acceso ao centro, pegado ao río, permitindo o xiro a dereita e esquerda na saída, xunto a ponte de Doutor Tourón.
2. Prohibirase o acceso cara á Praza de España dende a Glorieta da Mariña Española. Para e acceder ao centro desde a glorieta, deberá collerse polo carril único de Rodrigo de Rodrigo de Mendoza e dar a volta na rotonda da Laxe para regresar polo carril de Rodrigo de Mendoza que discorre pegado ao río.
Con todo, a Policía Local recomenda que se evite este traxecto, optando por acceder ao centro por Alexandre Bóveda para os vehículos procedentes de Doutor Tourón e Avenida de Cambados.
Ademais, infórmase de que mentres duren as obras eliminarase o estacionamento da marxe esquerda do vial pegado ao río entre a segunda travesía de Rodrigo de Mendoza (Andaina) e a ponte de Doutor Tourón.
Dende a Policía Local advírtese de que os horarios poden sufrir lixeiras variacións e apúntase que a rúa abrirase ao tráfico tan pronto como sexa posible. Entre tanto, prégase a máxima colaboración por parte dos condutores.