_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello acomete cos seus propios medios a limpeza de cinco regatos do municipio

O Concello de Vilagarcía comezou esta semana a executar os traballos de limpeza de varios regatos do municipio. As actuacións foron comunicadas previamente a Augas de Galicia polo que, transcorrido o prazo que establece a lei, os operarios do servizo municipal de Medio Ambiente iniciaron a necesaria labor de mantemento dos leitos fluviais para previr riscos de desbordamentos e inundacións durante a tempada de chuvias. Esta actuación debe completarse coa limpeza dos ríos Con e Leiro que o Concello pediu que asumise Augas de Galicia, seguindo a colaboración e reparto de traballos similar a levada a cabo o ano pasado.
15.11.2018.- Dada a altura do ano na que nos atopamos, os operarios municipais traballan dende o luns na limpeza manual de barios regatos,, Comezaron pola zona de Cornazo de Abaixo, por onde discorre o leito que desemboca no Con á altura de Fexdega e mañá trasladaranse ao río Santa Mariña e, posteriormente ao Lomba, cuxos cursos baixan por Cornazo, Fontecarmoa , A Xunqueira e A Lomba, para desembocar no Con polo parque da Xunqueira. Por último, o departamento que dirixe Lino Mouriño, despexará de maleza os regatos da Tripeira (Giillán), Faxilde e A Torre.

En todos os casos, e tal como se indica nas memorias remitidas a Augas de Galicia a mediados de outubro, as actuacións faranse de xeito manual e consistirán na roza da maleza e a retirada de ramas e restos arrastrados polas correntes, para o cal se utilizarán un par de rozadoras.
Dende o servizo municipal de Medio Ambiente confíase en que Augas de Galicia acometa pronto o acondicionamento dos outros dous ríos que faltarían, o Con e o Leiro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -