CULTURA
Os nenos e nenas que desexen acompañar aos Reis Magos nas súas carrozas poden anotarse a partir do 15 de novembro Os nenos e nenas que desexen acompañar aos Reis Magos a bordo das carrozas da Cabalgata o próximo 5 de xaneiro deberán inscribirse a partir do xoves, 15 de novembro, ata 4 de decembro. Poderá gozar deste privilexio calquera rapaz ou rapaza de 9 a 15 anos de idade, co único requisito de ir que vestidos de paxe acorde co modelo que se indica na folla de inscrición. A Concellería de Cultura oferta un total de 60 prazas a distribuír nas 6 carrozas (tres dos Reis e tres dos agasallos).
13.11.2018.- De todas as prazas dispoñibles, 24 resérvanse aos nenos de menor idade (de 7 e 9 anos), que serán os que se acomoden nas carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar. Os 36 paxes restantes (os de 10 a 15 anos) irán a bordo dos vehículos que transportan os agasallos.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. A listaxe dos rapaces admitidos exporase na Concellería de Cultura (sita no Auditorio) e na web municipal a partir do 14 de decembro. As posibles baixas que se vaian comunicando, cubriranse seguindo a orde de inscrición da lista de agarda.
Os formularios de inscrición pódense imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal ou recoller nas dependencias da Concellería de Cultura a partir do 15 de novembro, de luns a venres, en horario de 9 a 13.30 horas. Unha vez cubertas, a solicitudes deberán presentarse nas propias dependencias da Concellería entre o 15 de novembro e o 4 de decembro, co horario antes sinalado.