_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local detivo esta madrugada a dous individuos polo furto dunha carteira

A Policía Local de Vilagarcía detivo esta madrugada a dous individuos polo furto da carteira a unha muller. Os feitos producíronse ás 4.30 da madrugada na Rúa Cervantes, practicándose as detencións na Rúa da Coca minutos máis tarde. Os detidos, dous irmáns domiciliados na Rúa Depuradora, pesaban previos requirimentos xudiciais.
09.11.2018.- A Policía Local atendeu á chamada alertando do suceso acontecido na Rúa Cervantes. A vítima explicou que dous mozos de etnia xitana se dirixiran a ela para pedirlle cartos. Cando abría a carteira para darlles unhas moedas, un deles aproveitou para arrancárllela da man, escapando os dous correndo en sentido á Rúa San Roque. A patrulla da Policía Local detectou poucos minutos despois, na Rúa da Coca, a dous homes que se axustaban á descrición facilitada pola muller. No momento no que se lles pediu a identificación, un deles fuxiu correndo, sendo alcanzado por un dos axentes a uns 300 metros. No cacheo, atopóuselles a carteira coa documentación da denunciante, cartos e un billete de lotería, razón pola que foron detidos.

Ao proceder a identificación, comprobouse ademais que sobre ambos pesaban previos requirimentos xudiciais, polo que foron trasladados ás dependencias do Corpo Nacional da Policía. Os individuos, dous irmás nacidos en Barcelona e residentes actualmente na Rúa da Depuradora, de Trabanca Badiña, responden ás iniciais de O.T.N., nado en 1885, e A.T.N., nado en 1988.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -