_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello convida aos escolares de Infantil a debuxar a cidade a través dun concurso de postais

A Concellería de Educación de Vilagarcía vén de convocar o I Concurso de Postais Prefranqueadas “Vilagarcía polo Miúdo”, unha iniciativa que pretende amosar a través de debuxos como ven a cidade os máis cativos. O concurso está dirixido ao alumnado de Infantil matriculado en centros educativos do municipio, é dicir, a escolares de 3 a 5 anos de idade que, poderán expresar coa pintura o xeito no que, dende a súa ollada infantil, perciben calquera espazo ou aspecto de Vilagarcía, ou como lles gustaría que fose.
08.11.2018.- A Concellería que dirixe Argimiro Serén conta coa colaboración da Oficina de Correos de Vilagarcía para o desenvolvemento deste concurso, posto que os tres debuxos gañadores publicaranse en formato de tarxeta postal con franqueo pagado, de xeito que poidan remitirse por correo sen custe algún. Así, a visión que os máis cativos teñen da cidade poderá utilizarse como medio de felicitación ou saúdo.

A peculiar forma que teñen os nenos e nenas de captar a realidade e o seu entorno máis próximo deberá plasmarse nun debuxo a elaborar con técnica libre, para o cal poderán lapiseiros de cores, acuarelas, ceras, témperas, collages, ou o que se lles ocorra. Cada centro educativo deberá preseleccionar dous debuxos por aula e remitir á concellería. Un xurado será o encargado de elixir os tres mellores traballos que serán editados en formato de postal. A tirada será de 1.500 exemplares que se repartirán entre os centros participantes.

As bases do concurso remitíronse hoxe mesmo aos centros educativos que imparten o ciclo de Infantil e que disporán ata o día 22 de novembro para presentar os traballos preseleccionados.

Co concurso “Vilagarcía polo Miúdo”, a Concellería de Educación amplía a súa oferta aos escolares de menor idade do municipio cunha proposta que, a maiores da faceta de expresión artística, pretende incidir en aspectos como o coñecemento do entorno por parte dos cativos, o respecto ao público ou a súa visión real e/ou ideal da cidade.

Tratase pois, dunha experiencia multidisciplinar coa que os nenos e nenas poderán tomar conciencia do municipio no que viven e a través da perspectiva social, cívica, medioambiental, lúdica…como complemento a unha actividade educativa que conleva o exercicio sensorial, motriz, intelectual e creativo dos participantes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -