_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
O alcalde esixe á consellería a inmediata apertura da terceira planta do Hospital do Salnés

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, pronunciouse esta mañá ao respecto dos últimos casos coñecidos sobre a “inexplicable” espera á que se ven obrigados a padecer varios enfermos para ser ingresados no Hospital do Salnés. Ante a “crecente gravidade da situación” o rexedor local esixe á Consellería de Sanidade a inmediata apertura e posta en funcionamento da terceira planta do centro.
31.10.2018.- Varela manifesta que a situación que recollen os medios de comunicación “non ten xustificación”, tendo en conta que o Hospital foi ampliado non hai moito e dispón dunha terceira planta totalmente equipada e en perfectas condicións para ser utilizada. O socialista clama contra a “falta de humanidade dos responsables do goberno galego por permitir que enfermos que precisan ser hospitalizados, que están sufrindo e que incluso precisan de manterse illados, permanezan horas e incluso días nos corredores do centro na espera de que queden camas libre, cando se mantén pechada toda unha planta chea de camas”.

Para o alcalde de Vilagarcía o que está a suceder estes días é unha proba máis das intencións do PP da Xunta de Galicia de desmantelar o Hospital do Salnés, tal como xa se advertía nos cambios lexislativos que propiciaron a perda da área sanitaria do Salnés.

“Outra vez máis vemos que para o PP da Xunta importa máis o custe económico que a saúde e o benestar dos cidadáns do Salnés, e iso é algo que non podemos permitir”, asegura Varela. Por esta razón, o grupo socialista, a través do deputado vilagarcián, Julio Torrado, presentará unha iniciativa no Parlamento para demandan a inmediata apertura da terceira planta do Hospital.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -