_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno entrega aos sindicatos a proposta de catalogación dos postos de traballo

O Concello de Vilagarcía retomou este mediodía as negociacións relativas á elaboración e aprobación da RPT. O goberno local reuniuse cos representantes sindicais dos traballadores co obxecto entregarlles a proposta inicial do Catálogo dos Postos de Traballo do Concello elaborado pola empresa Galivalia en base á información recompilada durante a primeira fase dos traballos de elaboración da RPT. As partes volverán a reunirse nas vindeiras semanas para continuar avanzando na negociación.
10.10.2018.- O executivo socialista estivo representado na reunión de hoxe pola voceira, Tania García e a concelleira de Facenda, Luz Abalo. Pola parte sindical acudiron os representantes das catro organizacións presentes no Concello (UGT, CCOO, CIG e CESIF) cos seus respectivos asesores. Tamén participaron no encontro responsables da firma Galivalia.

Os técnicos da adxudicataria foron os encargados de explicar aos representantes sindicais o procedemento e os criterios seguidos para definir cada un dos postos de traballo que existen no Concello de Vilagarcía. Isto fíxose tendo en conta o contido das fichas personais elaboradas por cada traballador sobre as funcións que desempeñan, así como en base aos datos recabados dos xefes de servizo e do propio executivo, en relación ás necesidades e organización dos departamentos.

A elaboración da RPT do Concello de Vilagarcia atópase xa na segunda das tres fases nas que se divide o proceso. Tras entregar copia do catálogo a todos os sindicatos, o executivo local daralles tempo a que o revisen con calma e, de ser o caso, presenten as propostas que consideren oportunas. Unha vez finalizado ese prazo, volverán a reunirse para seguir negociando de cara a obter o documento definitivo consensuado.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -