FESTAS
O cantautor santiagués Fredi Leis protagoniza o primeiro concerto das festas patronais Coa segunda xornada das Festas de San Roque e a fin de semana chega tamén o primeiro dos concertos gratuítos que se desenvolverán ao longo destes días en Vilagarcía. Apostando polo valor galego, o encargado de estrear o escenario do Parque da Xunqueira é o compositor santiagués Fredi Leis. Ademais, ao longo de todo o día haberá animación de rúas e moita diversión cons espectáculos do Festiclown e Zona Aberta abrirá a súa feira de oportunidades, Expoferta, na Praza da II República. As actividades chegan tamén ao extrarradio, co Fantasio na Rúa proxectando a película “Cigüeñas” no Piñeiriño.
Coa segunda xornada das Festas de San Roque e a fin de semana chega tamén o primeiro dos concertos gratuítos que se desenvolverán ao longo destes días en Vilagarcía. Apostando polo valor galego, o encargado de estrear o escenario do Parque da Xunqueira é o compositor santiagués Fredi Leis. Ademais, ao longo de todo o día haberá animación de rúas e moita diversión cons espectáculos do Festiclown e Zona Aberta abrirá a súa feira de oportunidades, Expoferta, na Praza da II República. As actividades chegan tamén ao extrarradio, co Fantasio na Rúa proxectando a película “Cigüeñas” no Piñeiriño.
AXENDA DO VENRES 10 AGOSTO
11:00 – Praza de Galicia Festiclown - Social Asociación Con Eles e o Grupo de Teatro Clámide Actividade: Animación Inclownsiva
12:30 – Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Airiños do Carril
11:00 – 14:30 | 17:30 – 23:00 Feira de oportunidades, Expoferta Zona Aberta 2018 Organiza: Asociación de comerciantes Zona Aberta Praza da II República
12:00 – Rúas de Vilagarcía Festiclown -Desclowntrol nas rúas Espectáculo: Musicleta Compañía: Musicleta A Musicleta de Pulpiño Viascón percorrerá as rúas de Vilagarcía e fará un espectáculo ás 12.00 horas e ás 19:00 outro. Pulpiño Viascón e os seus instrumentos máxicos co espectáculo “La Musicleta” (home orquestra, percusión, acordeón, serrón, game boy) interprétanse pezas populares para o público, animando aos presentes a cantar e dar uns paseos na Musicleta). Unha festa na rúa animando a vila con música e humor.
13:00 – Rúa Alcalde Rey Daviña, esquina Valentín Viqueira Festiclown – Superroquiños Espectáculo: Saaabor! Compañía: Culturactiva Saaabor! É un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, moito ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Félix Rodríguez e Fran Rei, os nosos protagonistas, convértense durante unha hora en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día: unha comida moi musical para toda a familia.
19:00 – Rúas de Vilagarcía Festiclown -Desclowntrol nas rúas Espectáculo: Musicleta Compañía: Musicleta
20:30 – Rúas da cidade Pasacalles Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa
21:30 – Praza de Galicia Festiclown – Mostra Internacional Espectáculo: El Apartamento Compañía: Cirk About it A compañía Cirk About It expón unha situación cotiá para explicar como a rutina pode romperse con facilidade se engadimos unhas gotiñas do mellor circo. "O apartamento" é un lugar onde todo é posible ... Se falamos sobre o día a día destes tres socios, veremos que normalmente escapa á normalidade. O que para a maioría o levantarse, almorzar, cambiar de roupa ou mesmo cambiar unha lámpada convértese en algo mecánico e case instintivo, para eles convértese nunha serie de accións cheas de fazañas e complicacións acrobáticas. A exhibición baséase principalmente no equilibrio e saltos acrobáticos, con toques de humor, mostra un traballo corporal moi visual que atraerá a todos os públicos.
22:00 – O Piñeiriño Fantasio na rúa Cigüeñas Duración: 87 minutos Na Montaña Cegoña, moran as Cegoñas que hai tempo enviaban meniños aos pais de todo o mundo. Agora distribúen os paquetes dunha compañía mundial de Internet. Junior, a mellor cegoña repartidora da compañía, está a punto de acadar un ascenso, pero accidentalmente activa a Máquina de Produción de Nenés e o resultado é unha adorable nena ilegal. E todo se complica.
23:00 – Parque da Xunqueira Concerto Fredi Leis Intérprete, músico e compositor galego, publica en 2015 o seu primeiro EP “Días Grandes”. Este ano publica os seu primeiro álbum Neón, a boa acollida de este traballo fai que na semana de lanzamento se posicione entre os discos máis vendidos das listas españolas, alcanzando o #1 na lista de Itunes e #8 na lista de vendas de álbums. Con máis de 50 concertos Fredi Leis recorre coa súa xira “Días Grandes” as principais cidades españolas (Madrid, Santiago de Compostela, Guitar Fest, Barcelona, Valencia, Murcia etc..). Fredi Leis actúa como artista invitado nos concertos de grandes artistas como Marwan ou David de María e abriu algúns concertos de Alejandro Sanz, Malú e Rozalén no 2016.