_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
A Deputación financiará parte das obras do centro socio comunitario do Ramal

A Deputación Provincial de Pontevedra vén de confirmar ao Concello a concesión dunha axuda de 27.923 euros para contribuír ao financiamento das obras de mellora do centro socio comunitario do Ramal. O proxecto elaborado polo Concello para subsanar deficiencias de humidade e filtracións ten un custe de 58.000 euros polo que, para completar o presuposto, solicitarán a colaboración da Xunta de Galicia dado que o centro alberga varios servizos da administración autonómico.
06.08.2018.- O Concello de Vilagarcía ten previsto levar a cabo no edificio da antiga Aduana do Ramal varias obras de mantemento e conservación do inmoble que incluído no Catálogo de Bens a Protexer. Os traballos terán como finalidade acabar cos problemas de filtracións de auga do exterior e coas fugas das vellas instalacións de fontanería que están deteriorando o inmoble protexido polo seu interese histórico e arquitectónico. O proxecto prevé restaurar a estragada carpintería exterior as varandas de forxa.

O edificio do Ramal é de titularidade municipal aínda que dende hai anos o Concello comparte o seu uso coa Consellería de Benestar da Xunta de Galicia que dispón no inmoble de diversos servizos de carácter social e para as persoas maiores. De feito o inmoble funciona como centro socio comunitario.

Os traballos que proxecta levara acabo o Concello teñen como finalidade frear o deterioro do inmoble e mellorar as condicións de uso das persoas que traballan ou acoden aos servizos que alí se prestan, á vez que con elas se garantirá a conservación dun edificio incluído no patrimonio histórico e arquitectónico local. Trátase dun edificio singular, exemplo de arquitectura de ladrillo visto moi pouco frecuente en toda Galicia. Precisamente por iso, as obras proxectadas respectan por completo a estrutura, elementos e tipoloxía orixinaria do mesmo e a memoria remitirase á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para que emita a preceptiva autorización.

Para acabar coas filtracións de auga procedentes do exterior e que teñen a súa orixe nas cornixas dos muros, instalarse unha protección de chapa de zinc que facilite a evacuación de augas cara fora. Tamén se levantará o pavimento das terrazas do ático que se atopan an bastante mal estado e nas que medra vexetación que obstrúe a desaugadoiro. Instalarase unha lámina impermeabilizante e arranxaranse as baixantes.

As humidades presentes nos tabiques interiores do edificio resolveranse localizando e arranxando osos puntos de fugas das vellas tubaxes de auga e calefacción que discorren empotrados nas paredes. Reporanse as paredes afectadas e substituiranse os falsos teitos en mal estado.

Polo que respecta ao exterior do edificio, restaurarase a antiga carpintería exterior de madeira do ático, así como as varandas de ferro de balcóns deste mesmo andar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -