_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Clasclás lanza a carreira internacional de músicos noveis participantes no YAP cun concerto en Milán

Despois do éxito de público e crítica acadado pola primeira edición do festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o Clasclás está vendo cumprirse tamén outro dos seus principais obxectivos: o de lanzar a carreira internacional dos músicos noveis que participaron na faceta formativa do festival o Young Artist Program. De feito, tres participantes no YAP foron seleccionadas para dar un recital dentro da programación da Societá del Concerti di Milano e outros seis protagonizarán tres dos concertos da Sociedad Filarmónica de Vilagarcía a próxima temporada.
30.07.2018.- A organización do Clasclás dou a coñecer hoxe os nomes dos alumnos do YAP 2018 que foron seleccionados para ofrecer diversos recitais ao longo da tempada 2018-19 en cooperación con diferentes entidades colaboradoras. Esta medida, que xa estaba recollida no proxecto do festival, pretende axudar aos m´suicos noveis a aproveitar as posibilidades que poidan xurdir no escaparate que presenta o Clasclás para apoiar e consolidar as súas carreiras profesionais a través de diversos acordos de esponsorización e colaboración con varias entidades.

A organización asegura que non foi sinxelo realizar unha selección entre os 27 participantes do Clasclás 2018, “xa que o nivel interpretativo de todos eles foi altísimo”.

As intérpretes que viaxarán a Italia convidadas pola Societá del Concerti di Milano no marco da programación da temporada 2018/19 son Christa-Maria Stangorra (violín), Susana Gómez Vázquez (piano) e María Krykov, (contrabaixo).

Ademais, serán varios os YAP que voltarán a Vilagarcía de Arousa aa próximo inverno para participar nos concertos da tempada da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía. Así, Ori Wissner Levy (violín) e Mon-Puo Lee (cello) protagonizarán un dos concertos; Daria Kameneva (piano), Iria Folgado (oboe) e Dana Barak (clarinete) darán o segundo e Susana Gómez Vázquez (piano) acompañada pola violinista Ye Eun Choi será a encargada de clausurar a temporada da entidade vilagarciá.

Por último, o Director Artístico do festival, Guy Braunstein ten convidado a contrabaxista finlandesa do YAP Clasclás 2018 María Krykov, a participar coma Artista en Residencia no Clasclás 2019.

A segunda edición do festival, Clasclás 2019, presentarase no mes de outubro de 2018.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -