_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O día 1 ábrese o prazo de inscrición no Campamento Urbano Medioambiental para nenos e nenas de 8 a 11 anos

A Concellería de Xuventude informa de que o 1 de agosto ábrese o prazo de inscrición no campamento urbano medioambiental para nenos e nenas de 8 a 11 anos de idade. Trátase dunha actividade gratuíta a celebrar entre p 27 e o 31 de agosto que se desenvolverá en diferentes espazos naturais e históricos da localidade co obxectivo de que os participantes aprendan e coñezan mellor o seu entorno, tanto dende o punto de vista natural como cultural.
30.07.2018.- O Campamento consistente nun programa de actividades ambientais, culturais, creativas e lúdicas que se levarán a cabo nas contornas naturais e monumentais do concello de Vilagarcía durante o mes de agosto. Estas actividades están dirixidas a nenos e nenas, mozos e mozas que terán a oportunidade de participar na natureza, da cultura, da tradición oral e da tecnoloxía, o que lles proporcionará unha ampliación dos seus coñecementos sobre o bosque, o mar, a cultura e a historia de Vilagarcía, desenvolvendo as súas habilidades de orientación, autonomía, respecto polo medio ambiente e aproveitamento racional do mesmo.

Entre as excursións previstas están unha visita guiada á Cortegada, territorio do parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas; Ruta do marisqueo , visita ao Museo do tren, visita ao Refuxio de Animais de Pinar do Rei e ao castro de Alobre e o Xardín Botánico Enrique Valdés Bermejo. Tamén realizarán actividades nas praias da Compostela-A Concha, ruta de sendeirismo por Xiabre e un obradoiro de instrumentos musicais.

O campamento terá un horario de 10 a 14 horas, excepto o último día, no que está prevista a visita a Cortegada, que será de 10 a 19 horas. O punto de encontro e recollida será sempre no Auditorio. Os participantes van sempre acompañados de monitores e coidadores.

Os interesados en participar neste Campamento Urbano Medioambierntal deben inscribirse entre o 1 e o 13 de agosto presentando a solicitude cuberta, xunto coa documentación especificada na mesma, no Rexistro do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.45 horas. Ofértanse 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. A lista de admitidos publicarase o día 17 de agosto.

O formulario de inscrición e as bases do campamento están dispoñibles na Concellería de Xuventude e no taboleiro de anuncio desta web.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -