_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O ciclo de cine familiar “Fantasio na rúa” percorrerá todo o municipio con 19 proxeccións de xullo a setembro

O ciclo de cine familiar “Fantasio na rúa” organizado pola Concellería de Xuventude percorrerá este ano todo o municipio. Ante o éxito que tiveron as proxeccións ao aire libre realizadas nos Xardíns de Ravella nas anteriores edicións, o departamento que dirixe Sonia Outón decidiu multiplicar a descentralizar a oferta programando este ano 19 proxeccións en 19 lugares diferentes do municipio.
11.07.2018.- Do 14 de xullo ao 30 de setembro os veciños e veciñas de Vilagarcía e as persoas que nos visiten neses días terán a oportunidade de gozar da experiencia do cine na rúa por toda a xeografía local. Dende Bamio a A Torre, pasando por Galáns, Ravella e Os Duráns ata chegar a Trabanca Sardiñeira, Castroagudín ou Vilaxoán, por citar só algún dos lugares que visitará o “Fantasio na Rúa”.

Coa descentralización das sesión de cine na rúa, a Concellería de Xuventude, que en verán intensifica de forma importante a súa oferta lúdica e cultural para o público infantil e familiar, pretende facilitar ao acceso ás súas actividades achegándose a todos os lugares do municipio, fomentar a participación e dinamizar a rede de centros socioculturais xa que as sesión nas parroquias non urbanas celebrarase nas contornas das instalacións culturais ou nos espazos de recreo dos distintos barrios.

Outro dos atractivos deste ano é que todas as películas son de recente estrea e, a maiores, proxéctanse unha diferente en cada lugar. É dicir 19 títulos diferentes, polo que os afeccionados ao cine que o desexen poderán tamén facer o roteiro polos diferentes lugares nos que recalará o Fantasio na rúa.
En canto aos horarios, comezarase con sesións ás 22:30 horas, en agosto serán ás 22:00 horas e en setembro ás 21.30 e ás 21. Horas, co obxecto de ir adaptándose ás horas de luz a medida que avanza o verán.
O calendario do Fantasio na rúa é o seguinte:


FANTASIO NA RÚA

21 xullo- BAMIO 22:30 horas: Cazafantasmas
22 xullo- GALÁNS 22:30 horas: Bebé Jefazo
24 de xullo- CORNAZO 22:30 horas: Spiderman Home Coming
25 de xullo- OS DURÁNS 22:30 horas: Capitán Calzoncillos
31 de xullo- TRABANCA BADIÑA 22:30 horas: EMoji, a película
04 de agosto- RAVELLA 22:00 horas: Ferdinand
05 de agosto- O SIXTO:22.00 horas: Unha familia feliz
05 de agosto- RAVELLA:22.00 horas: Mi mejor amigo
06 de agosto- O CASTRO 22:00 horas: Canta
07 de agosto- TRABANCA SARDIÑEIRA 22:00 horas: Los Visitantes la Lían.
08 de agosto- XUNQUEIRA 22:00 horas: Atraco en familia.
09 de agosto- AS CAROLINAS (A Coca) 22:00 horas: Hotel Transilvania
10 de agosto- O PIÑEIRIÑO 22:00 horas: Cigüeñas
12 de agosto- CASTROAGUDÍN 22:30 horas: O Principiño
21 de agosto- FAXILDE 22:00 horas: Tadeo Jones 2
22 de agosto- VILAXOÁN 22:00 horas: Cavernícola
24 de agosto- SOBRADELO 22:00 horas: Trolls
02 de setembro RUBIÁNS 21:30: A Abella Malla
08 de setembro- CARRIL 21:30 horas: Señor, Dame Paciencia
30 de setembro- A TORRE 21:30 horas: Locos por el Surf 2
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -