_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello investirá 7.500 euros en completar a renovación da rede de pluviais en Trabanca Badiña

A Concellería de Obras e Servizos que dirixe Lino Mouriño completará a renovación da rede de pluviais de Trabanca Badiña, cun investimento de 7.500 euros. A Xunta Local de Goberno aprobou onte a memoria da actuación a realizar na Rúa Primeiro de Maio coa que se concluirá a mellora do saneamento iniciada a principios de ano coas obras de mellora da urbanización no entorno da pista deportiva situada nas inmediacións.
10.07.2018.-A nova obra que se vai a levar a cabo consistirá na substitución dun tramo duns 200 metros da vella canalización de pluviais existente. A condución actual atópase en moi mal estado co que non cumpre o seu cometido de recoller e conducir as augas debidamente que van a parar ás fincas e propiedades situadas á beira da estrada cos conseguintes prexuízos para os veciños.

A canalización de PVC que se vai instalar conectará co novo tramo dea rede de pluviais construído a principios de ano no proxecto anteriormente mencionado e no que o Concello investiu 34.2000 euros. Nesta actuación canalizáronse as augas de pluviais do vial e as augas do lavadoiro e da pista deportiva cara a rede municipal da Rúa Primeiro de Maio. Agora renovarase a instalación nesta rúa, dende a pista deportiva ata a rotonda de acceso ao polígono industrial.

Na fase anterior, o Concello xa substituíra o valado da zona de recreo, mellorou a instalación deportiva coa colocación dunha maia alta ao redor de toda a cancha para evitar a saída de balóns e puxo unha vaia protectora para evitar caídas cara a parte da rúa que da á parada de autobús. Tamén se completou a urbanización co remate da beirarrúa na Rúa 1º de Maio, reforzouse o talude e mellorouse a rede de pluviais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -