CONCELLO
O alcalde recolleu as bandeiras azuis das praias do Campanario e Preguntoiro O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu onte as dúas bandeiras azuis que ondearán este verán nas praias do Campanario (Bamio) e O Preguntoiro (Vilaxoán). O rexedor acudiu ao acto oficial de entrega dos galardóns concedidos pola ADEAC acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño. O evento tivo lugar na coruñesa praia de Riazor. Nos vindeiros días, as enseñas serán izadas nos areais vilagarciáns.
13.06.2016.- As bandeiras azuis son un símbolo e un estándar mundial de ecocalidade turística, recoñecido e apoiado polos organismos das Nacións Unidas. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) é o organismo autónomo e independente que se encarga a nivel mundial de comprobar se os areais e instalacións cumpren cos requisitos de calidade e servizos que se precisan para obter o galardón e de concedelos anualmente.
A renovación das dúas bandeiras azuis refrenda o traballo que está realizando o Concello a nivel medioambiental e de mantemento para seguir elevando a calidade das augas mediante actuacións no saneamento e coa mellora dos areais e as súas contornas, como coa renovación do paseo marítimo.