_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello, Distrito Forestal e Illas Atlánticas reúnense para organizar o simulacro de incendio en Cortegada

O Concello de Vilagarcía acolleu onte a primeira das reunión previstas para organizar un simulacro de incendio na illa de Cortegada. A actuación fora solicitada reiteradamente polo goberno local vilagarcián como media preventiva para establecer as pautas de actuación en caso dunha posible ameaza por lume que puidera por en perigo a riqueza natural e paisaxística da illa do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Na reunión participou o concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, un representante do Distrito Forestal de Pontevedra, unha responsable do Parque Nacional, o xefe do Servizo Municipal de Emerxencias e a xefa da Policía Local.
25.05.2018.- A reunión de onte foi a primeira toma de contacto, xa que a vindeira semana haberá un segundo encontro, xa máis técnico, para concretar o dispositivo e coordinar os medios materiais e humanos que intervirán no simulacro que se quere realizar no mes de xuño. A data concretarase nesa segunda xuntanza. No simulacro intervirán o Servizo Forestal de Pontevedra, dependente da Xunta de Galicia; o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Vilagarcía, dependente do Concello e o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ámbolos organismos porán a disposición do operativo os seus medios e persoal. Tamén colaborará a Policía Local.

Este simulacro servirá para avaliar os medios dispoñibles e coordinar as actuacións a levar a cabo, así como para detectar posibles deficiencias ou problemas de cara a poñerlles solución.

Os responsables do Distrito Forestal e do Parque Nacional explicaron no encontro que existe o Parque das Illas Atlánticas dispón dun protocolo de actuación en caso de incendio, si ben recoñeceron que era xenérico para todas as illas, independentemente das características propias de cada unha. Precisamente, pola singularidade e peculiaridades de Cortegada (moito máis pequena que Cíes, Ons e Sálvora, cunha masa forestal moito máis densa, pola ausencia de espazos para aterrar helicópteros que fosen a levar medios en situación de emerxencia, sen puntos de auga internos ou pola maior facilidade de acceder a ela sen control debido a súa proximidade a terra, cos riscos que iso conleva) o concelleiro de Medio Ambiente defendeu a necesidade de levar a cabo de forma periódica simulacros de adestramento que permitan actuar eficazmente e coa maior axilidade en caso dunha alerta por lume.

Estas peculiaridades de Cortegada resultan determinantes á hora de establecer as liñas de actuación concretas para este territorio protexido, de aí que Mouriño solicitase que no Protocolo do Parque Nacional se fixeran constar explicitamente as circunstancias e peculiaridades da illa carrilexa a modo de advertencia, suxestión que a responsable de Illas Atlánticas tamén considerou apropiada.

Dende principios do seu mandado, o goberno socialista que preside Alberto Varela manifestou a súa preocupación pola situación de “indefensión” na que se atopaba a illa de Cortegada ante os risco de incendio, o que quedara en evidencia no conato do verán de 2015, cando debido á falta de medios de extinción que puideran chegar á illa e de bombas acuáticas, foron os veciños, organizados en cadeas us que tiveron que apagar as lapas a caldeirazos. Aínda que aquilo quedou nin mero susto, púxose en evidencia a inexistencia dun protocolo e a ausencia de medios para atallar unha situación máis grave. Dende entón, o executivo local viña demandando á Xunta de Galicia a dotación de medios de extinción de incendios desprazados en Cortegada e a realización de simulacros a modo de adestramento. A última vez que se planteou esta demanda foi durante a visita da directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta a Vilagarcía para presentar aos colectivos o Plan Rector do Parque Nacional.

Mentres, o Concello foi tratado de dotar ao Servizo Municipal de Emerxencias de material apropiado, para o cal se reconverteron bombas tradicionais en bombas flotantes que permitan impulsar auga do mar para as mangueiras a utilizar en terra, xa que a ausencia de puntos de toma de auga na illa é o principal problema. Isto a maiores das embarcacións de salvamento e medios dos que dispón para a loita de incendios forestais.

Pola súa banda, o Parque Nacional dispón en Cortegada dunha embarcación pneumática cun patrón, un vixiante, e material moi básico para loitar contra o lume como (9 vate fogos, 8 tramos de mangueiras de entre 23 e 28 metros de largo, 1 motobomba pequena, 1 motoserra, 3 pulaski, 1 mcledo, 1 machado, 3 sachos, 2 palíns 5 palas e 3 restrelos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -