_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía asume o reto de mellorar as cifras de reciclado do contedor amarelo e colaborar con Cáritas

Coidado medioambiental e solidariedade danse a man na campaña “Recicla, Respira, Supérate” que a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes desenvolverán durante os meses de maio, xuño e xullo en Vilagarcía coa colaboración do Concello. A iniciativa busca mellorar as cifras municipais de reciclado do contedor amarelo (no que se depositan bricks, latas e plásticos) propoñendo o reto de elevalas un 10% respecto ao mesmo período do ano anterior. Si se consigue o reto, para cal é preciso a implicación de todos os vilagarciáns, o esforzo será premiado con 2.000 en metálico que se doarán a Cáritas Interparroquial de Arousa.
03.05.2018.- O concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño presentou hoxe a campaña no Concello coincidindo coa primeira das iniciativas promocionais que se van a levar a cabo durante estes tres meses para animar aos vilagarciáns a participar no reto e que consistiu no “debuxado” no chan das rúas Rey Daviña de A Baldosa de dous graffitis inversos co lema da campaña. Este debuxado faise mediante a técnica do lavado, polo que é totalmente respectuosa co medio e efémera no tempo.

O concelleiro explicou que Vilagarcía é un dos 15 concellos de toda Galicia nos que se desenvolverá esta interesante campaña de fomento do reciclaxe. “É unha boa oportunidade que nos dan para continuar mellorando as cifras de reciclado do lixo que se deposita no contedor amarelo e tamén un excelente xeito de axudar a Cáritas. Pero para lograr ambas metas temos que conseguir que todos os vilagarciáns se impliquen e esforcen un pouquiño máis”.

Na páxina web http://www.uneteaoreto.com ofrécese información sobre a campaña e as pautas correctas para o reciclaxe de lixo. Tamén aquí habilitarase un contador no que se irán indicando os quilos de lixo do contedor amarelo recollidos mensualmente en cada un dos 15 concellos que aceptaron o reto. Cómpre recordar que os concellos non compiten entre eles, senón entre un mesmo, xa que deben superar as súas propias cifras.

Vistosas accións promocionais

Despois da de hoxe, haberá unha segunda rolda de “cleans graffitis” a levar a cabo o 17 de xullo noutros espazos transitados da cidade. Tamén cara finais de maio e durante unha xornada iluminarase de cor amarelo un edificio representativo da cidade aínda por decidir e xa no mes de xuño están programadas outras dúas accións promocionais consistentes na instalación dun enorme contedor amarelo de 4 metros de alto por 2’5 de ancho que permanecerá exposto do 11 ao 17 de xuño nun céntrico espazo da cidade. E por último, chegarán as vistosas bicicletas amarelas que percorrerán a cidade o 26 de xuño e o 3 de xullo anunciando a campaña e animando á cidadanía a participar activamente. A maiores, diversos equipos de promotores visitarán o municipio para repartir produtos de mechardinsing informar a pé de rúa á xente, aos comerciantes e hostaleiros sobre a campaña e o correcto xeito de reciclar o lixo ademais de para invitalos a tomar parte no reto.

Buscan a implicación dos colexios

Pola súa parte, o Concello porá especial énfases en implicar aos colexios na campaña, seguindo a liña na que se ven traballando a nivel municipal con iniciativas de carácter medioambiental e de respecto do público como o programa “Plántate na Rúa” e o compostaxe. “A nosa idea á hora de traballar cos escolares é ir xerando a medio e longo prazo unha conciencia de coidado e respecto do medio ambiente que avance cara a unha xestión de residuos cada vez máis sostible e eficiente”.

Traballo conxunto co Cáritas

Mouriño explicou que, de superarse o reto, o goberno local decidiu que os 2.000 euros do premio fosen doados a Cáritas posto que con esta entidade o Concello ten xa asinado un convenio de colaboración para a iniciativa medioambiental e de emprego que a organización desenvolve co “Arroupa”. Este proxecto baséase na recollida de roupa usada para ser procesada como prendas de segunda man ou teas que se venden en tendas especializadas. Deste xeito, cúmprese o obxectivo medioambiental de reducir o lixo que vai a parar aos contedores de lixo, e por outra contribúese á creación de emprego de persoas en risco de exclusión usuarios de Cáritas.

Na presentación de hoxe participaron tamén a concelleira de Benestar, Tania García Sanmartín, e o presidente de Cáritas Interparroquial, Francisco Fernández. A concelleira fixo un chamamento á cidadanía para que participen e se esforcen aínda máis en separar axeitadamente e reciclar todo o lixo, pero especialmente o que vai no contedor amarelo, para poder superar o reto e contribuír tanto ao coidado do medio como a colaborar coa labor social que realiza Cáritas. Pola súa banda, o presidente da organización agradeceu aos membros do goberno que elixiran a Cáritas como destinataria desta acción e tamén pediu a colaboración dos vilagarciáns tanto para conseguir o premio como para o beneficio que en si mesmo supón o reciclaxe.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -