_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O blues actualizado de Marcos Coll e Stefano Ronchi soa o sábado no Salón García

O blues volverá a soar en Vilagarcía mañá, sábado 21 de abril. Será no Salón García a partir das nove da noite onde os músicos Estefano Ronchi e Marcos Coll presentarán o seu primeiro traballo discográfico en conxunto que leva por título “Street Preachin”. Os que non adquiran a entrada anticipada por ticketea a 8 euros, poderán comprala la propia sala mañá a partir das 19.horas ao prezo de 10 euros.
20.04.2018.- Marcos Coll (harmónica) e Stefano Ronchi (guitarra) son dous coñecidos do público vilagarcián posto que ambos teñen participado de xeito individual en anteriores edicións do Vila Blues, o festival internacional de blues que se celebra no mes de xullo en Vilagarcía.

Mañá, o dúo Ronchi&Coll ofrecerá un concerto en formato acústico para presentar ao público as 10 cancións que compoñen “Street Preachin", un disco que se podería definir como country-blues, un estilo antigo e conmovedor que se achega á mellor das tradicións bluseiras mesturándoa con innovacións coma samplers, ritmos africanos e incluso atrevéndose co hiphop. Todo un luxo nun formato reducido onde Stefano e Marcos móstranse virtuosos e cautivarán ao público dende o comezo do concerto nun espectáculo moi intimista e no que o público remata sendo parte do propio show.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -