_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O VaiBike renova esta semana as cinco estacións cun sistema máis moderno de detección por frecuencia

O servizo municipal de préstamo de bicicletas, o VaiBike, encara a temporada de primavera verán con importantes melloras que incidirán tanto no funcionamento interno do servizo como na prestación que reciben os usuarios. A primeira será a renovación das cinco estacións co obxecto de retirar os obsoletos e problemáticos equipos de ancoraxe das bicicletas por outros máis modernos e con ancoraxe lateral en lugar de frontal. Os traballos comezarán a mediados de semana, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Cambiaranse as cinco estacións: Cavadelo, Carril, Vilaxoán, Piñeiriño e estación de Ferrocarril.
14.04.2018.-A empresa concesionaria do servizo "LaBici" asume o custe da innovación co obxectivo de optimizar o servizo que coas actuais estacións horizontais de ancoraxe frontal estaba a rexistrar numerosas incidencias e avarías debido a súa antigüidade e que xa non se fabricaban pezas de recambio deste sistema, polo que calquera reparación conlevaba a fabricación manual das pezas.

As novas estacións, en lugar de ir dispostas de forma horizontal como as actuais barras, irán en vertical. Trátase de pivotes con ancoraxes laterais, polo cal, en cada un dos cales poderán fixar dúas bicicletas, unha a cada lado
Ademais da forma de ancoraxe, tamén cambia o sistema. O antigo funcionaba por contacto, polo que precisaba dun sensor de movemento que era o que se avariaba repetidamente. O novo sistema funciona por frecuencias, polo que detecta a bicicleta ao achegarse a uns poucos centímetros de distancia da base.

A renovación das estacións estaba prevista para antes de semana Santa, pero foi imposible realizar os traballos coas adversas condicións meteorolóxicas rexistradas. En todo caso, a instalación será moi rápida, podendo estar completado o cambio nas cinco estacións en cuestión de dous ou tres días xa que os equipos xa están precableados es só será necesario fixalos e conectalos ao sistema.
Os tótems telemáticos mantéñense, posto que foron incorporados no verán do 2006 e funcionan correctamente.

PREZOS E ALTAS

Os usuarios que queiran darse de alta no VaiBike" poden facelo o directamente nas terminais existentes nas cinco estacións do servizo, a través da páxina web http://www.labici.es , ou da aplicación móbil que se o descargar gratuitamente no enderezo https://play.google.com/store/apps/details?id=com.oscsacha.labici
Pódense optar por sacar un bono con validez dun día, por 3 euros, un bono semanal (10 euros), mensual (15 euros) ou anual (25 euros).
O VaiBike funciona as 24 horas do día durante todo o ano.

A recuperación do VaiBike foi unha das primeiras medidas postas en marcha polo goberno local no marco das políticas de mobilidade a desenvolver no modelo de cidade sostible, accesible, respectuosa co medio e onde o peón teña prioridade ante os vehículos a motor. Co VaiBike preténdese facilitar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte alternativo e saudable a incorporar nos desprazamentos cotiás que realizamos pola cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2018  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -