_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Xardíns inicia polo Parque da Compostela a campaña de limpeza do mobiliario de zonas verdes

O servizo municipal de Xardíns iniciou esta semana a campaña de primavera de limpeza e posta a punto dos parques e zonas verdes do municipio. S traballos comezaron polo Parque da Praia da Compostela onde se están a acondicionar os corredores peonís e limpando os bancos de formigón e pedra que estaban moi castigados pola humidade e as persistentes chuvias deste inverno. Tamén se procederá á limpeza da balaustrada.
O persoal de Xardíns afánase estes días na retirada das herbas que medraron nos bordes que delimitan os sendeiros dispostos polo xardín da Compostela. No que ao mobiliario se refire, están a traballar con máquina de auga a presión para retirar o verdín e a piolla acumulada nos bancos de formigón tras a exposición a humidade invernal. Como consecuencia, as bancadas de formigón branco adquiriran unha cor negruzga que desaparece coa aplicación dos chorros de auga a presión.

Unha vez rematados os bancos, faranse unha actuación similar en todo o tramo da tradicional balaustrada que separa o parque do paseo marítimo e a praia, cuxa imaxe que tamén se veu bastante resentida polas inclemencias meteorolóxicas.

A execución desta posta a punto contribuirá que os parques e zonas verdes do municipio ofrezan unha boa imaxe de cara á mellora do tempo que se espera co avance da primavera e am chegada do verán, de xeito que os veciños e visitantes poidan gozar deles nas mellores condicións.

Unha vez rematados os traballos na Compostela, a campaña estenderase a outros xardíns do municipio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -