_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello remata o proxecto para substituír a herba e reconstruír o muro do campo de Vilaxoán

O proxecto das "Obras de acondicionamento do campo municipal de fútbol de Vilaxoán" xa está rematado e será aprobado pola Xunta de Goberno local a celebrar o luns. Tal como tiña comprometido o executivo de Alberto Varela, a actuación inclúe a substitución da herba artificial, a reconstrución do muro do fondo norte e o acondicionamento do este. O proxecto ten un custe de 216.630 euros que se financiarán a través dos fondos provinciais que lle corresponden a Vilagarcía na convocatoria 2018/19.
17.03.2018.- O proxecto redactado polo arquitecto técnico municipal prevé a utilización de céspede sintético de última xeración para substituír o material actual, sensiblemente degradado debido ao uso intensivo dos últimos anos. Esta situación provocou o compactamento da herba artificial, volvéndoa moi dura e perigosa para a práctica deportiva, de aí que o Concello priorizase a realización desta obra.

Homologable

A intervención prevista inclúe os traballos de desmontaxe, retirada e tratamento do actual material e a colocación do novo céspede, dotado de base elástica prefabricada e sobre a cal se botará unha capa superior e recheo técnico de granulado de caucho. Deste xeito o terreo de xogo cumprirá cos requisitos de calidade e seguridade que o fagan homologable para a práctica deportiva en xeral e do fútbol en particular.

Rematada a substitución da herba sintética, pintaranse as liñas de marcaxe para fútbol 11 e fútbol 7 conforme á regulamentación vixente.
Coa actuación que vai a levar a cabo o Concello resolverase outro problema que presentaba o campo municipal de Vilaxoán: o do muro do fondo norte. Trátase esta dunha estrutura de bloque que presenta signos de inestabilidade. A previsión e construír un novo muro de formigón e aceiro de 2,60 metros de alto. A parede irá encofrada polas dúas caras e cimentarase mediante zapata de formigón armado para garantir a súa solidez.

Por último, o proxecto redactado polo Concello tamén prevé mellorar a actual imaxe do cerramento do campo pola banda este. Sanearanse as fisuras, enfoscarase con morteiro armado con fibra de vidro e posteriormente revestirase con pintura plástica impermeable.

Tras a aprobación en Xunta de Goberno, o proxecto será remitido á Deputación Provincial para que tamén sexa aprobado polo seu órgano de goberno e autorizado o investimento. A obra deberá sacarse a licitación e, unha vez adxudicada, o `prazo de execución dos traballos é de 2 meses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -