_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Concello e Costas ultiman os detalles para o remate da primeira fase do Paseo Marítimo

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, reuniuse esta mañá en Pontevedra coa xefa Territorial de Costas, Cristina de Paz co obxecto de facer seguimento das obras de acondicionamento do Paseo Marítimo de Vilagarcía que o organismo estatal está a levar a cabo. Segundo indicou a responsable de Costas, a intención é que os traballos en execución estean rematados antes das vacacións de Semana Santa, aínda que dependerá moito das condicións meteorolóxicas. Menos concreta amosouse Paz Curbera para adiantar a data de inicio da segunda fase, á que afectará ao tramo intermedio do paseo, posto que se financiará con cargo aos orzamentos xerais do Estado deste a ano 2018 que, como se sabe, aínda están sen aprobar.
15.03.2018.- Sobre a fase en execución, que afecta aos tramos inicial e final do paseo, De Paz Curbera manifestou o seu agrado co acabado logrado co formigón tintado, tanto a efectos estéticos e de accesibilidade, como de integración no entorno. Non obstante, cómpre advertir de que aínda hai zonas onde a coloración non é definitiva debido ao impedimento que a chuvia supón para completar os traballos. Estes pequenos retoques iranse realizando nos vindeiros días ao igual que os relativos á rasante entre o paseo e outras zonas que quedaran a diferente nivel, tal como xa prevía o proxecto.

O alcalde tamén aproveitou a xuntanza para abordar coa xefa territorial a tramitación da solicitude realizada polo Concello para obter, a través do sistema de concesión administrativa, os terreos precisos para ampliar o carril bici. Como xa se dixera, o carril discorrerá pegado ao paseo, pola cara que da ao areal, de aí que xa se teña cambiado a ese lado o alumeado público para que dea luz tanto á zona peonil como á do paso das bicicletas. Aproveitando a actuación, renovouse a deteriorada canalización do cableado, traballos que financiou o Concello porque non estaba inicialmente previstos no proxecto de Costas. Tamén serán as arcas municipais as que asuman o custe da construción do carril bici, tal como se acordara con Costas cando o organismo estatal aprobou financiar a remodelación integral do pavimento do paseo e no marco da liña de colaboración que están a manter as dúas administracións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -